Foz 09-10-2017.- O PSdeG-PSOE de Foz leva unha moción a pleno para esixir a retirada do proxecto de reforma da Lei de Saúde e para esixir que non se suprima a área sanitaria da Costa e se desvincule á sanidade da comarca da xestión integrada con Lugo.
O obxectivo do PSOE é a defensa dunha sanidade pública de calidade e de proximidade dotada dos recursos económicos e humanos necesarios para acadar calidade asistencial que merece a poboación.
Dita moción foi ditaminada favorablemente, polos tres 3 partidos da oposición, PSOE, FPF e BNG, na comisión de asuntos preparatorios do Pleno e co voto en contra PP local que, unha vez mais, non é capaz de romper a disciplina de partido, nin de defender aos seus veciños e veciñas de Foz, nun tema que vai a afectar e ter unha importante repercusión tanto na calidade asistencial que reciban coma nos servizos sanitarios cos que conten.
Os socialistas de Foz consideramos que esta nova modificación que prepara a Xunta de Galicia que provocará que, tanto o hospital da Costa coma os centros de saúde, profesionais e pacientes dependan exclusivamente de Lugo, vai supor un grande e nefasto paso atrás na, xa deteriorada, sanidade na comarca.
Escoitamos aos políticos do Partido Popular dicindo que esta modificación non vai supor ningún cambio, que todo vai seguir igual pero, non nos deixemos enganar, nesta nova volta de “tuerca” que lle vai dar o PP na Xunta ao modelo sanitario, as necesidades dos veciños e veciñas de Foz e de toda a comarca van a pasar a segundo plano xa que de esta reforma despréndese que tanto a organización como a asistencia sanitaria non se fará en función das necesidades reais dos centros sanitarios nin da poboación senón, en función dos recursos económicos existentes que a Xunta decida destinar á sanidade e do reparto que decidan os xestores en Lugo. Escúdanse tamén estes dias, os políticos do PP, en que a Xunta esta levando a cabo a ampliación do hospital da Costa, algo que si, é certo, pero outra vez volvemos a dicir que non nos deixemos enganar, posto que dita ampliación non vai supor un aumento de persoal de enfermería, médicos ou celadores, nin de servizos, de feito vemos o que parece ser prioritario para eles, un aparcadoiro que, con seguridade, acabará sendo de pago e de xestión externa por algunha empresa.
Si a día de hoxe, dende a implantación da EOXI de Lugo en 2013, xa vemos como non se cobren as baixas ou vacacións do persoal facultativo nos centros de saúde, as esperas son de meses para ter cita cos especialistas ou como se derivan a Lugo, ao HULA ou a clínicas privadas concertadas, probas diagnosticas e cirurxías programadas sobre todo de reumatoloxía, uroloxía, cardioloxía etc, traslados estes, que aparte de unha molestia para os enfermos supoñen un gasto importante para os acompañantes, esta reforma da vai abrir a porta a unha maior centralización en Lugo e a un maior deterioro da sanidade da comarca.
Algo que creemos que se que se pode evitar, retirando dita modificación e conservando e fortalecendo unha área sanitaria propia da Mariña.
Tamén presenta, o grupo socialista, outras dúas mocións unha para que se proceda a reparación do acceso dende a estrada LU-151 Fazouro-San Acisclo ao lugar de Transmonte na parroquia de Santa Cecilia e outra para que se fagan as xestións necesarias para que os coches fúnebres poidan dar a volta, con comodidade e seguridade, na entrada do cemiterio de San Martiño, ambas recollen demandas feitas polos veciños destas parroquias.