Foz 24-10-2017.- salarios do 40 por cento da poboación diminuíron, cebándose especialmente cos traballadores con contratos temporais, cos que xa tiñan menores soldos e sobre todo entre os mozos. O débil crecemento actual da produtividade pon de manifesto un mal crónico da economía española, que las políticas actuais do PP no están afrontando y que deberán ser abordados con una política económica e laboral alternativa, como la que propoñemos dende o PSOE.
As medidas que propón para o seu acordo, o PSOE, nesta iniciativa plenaria, teñen como obxectivo prioritario, acabar coa desigualdade salarial, o desemprego xuvenil e a brecha salarial existente entre homes e mulleres e romper coa dinámica laboral na que está instalada España desde a chegada da crise, agravada por un modelo laboral interposto grazas á reforma laboral do PP, que trouxo soldos máis baixos, empregos precarios e ese estraño fenómeno que se deu en denominar “traballadores pobres” Trátase de que se vaian dando pasos cara á un novo modelo de emprego, con salarios decentes baseados nunha repartición máis xusta da produtividade.
Ínstase, nesta moción socialista, ao goberno de Rajoy, para que medie nos acordos entre sindicatos e patronal co obxectivo de alcanzar un incremento gradual do salario mínimo ata lograr alcanzar os 1.000 euros mensuais nun par de anos. Trataríase de elevar os salarios un 2,5% de media anual en 2018 e un 3% nos seguintes anos, ata que os salarios recuperen o peso que tiñan na economía antes da crise.
Ínstase tamén, á derrogación da reforma laboral para recuperar o poder de negociación dos traballadores, a que se articulen medidas para que os contratos temporais, sexan unicamente utilizados de maneira transitoria e excepcional e non como método ordinario de contratación, como está a suceder na actualidade ou a que se tomen medidas para eliminar os fenómenos de precarización dos falsos autónomos e tódalas formas de súper-explotación laboral. A redactar e aprobar unha Lei de Igualdade Laboral que conteña medidas contra a brecha salarial de xénero e a pór en marcha un plan de choque para os xóvenes con medidas específicas, como a promoción do contrato de substitución e do contrato en prácticas ou unha nova regulación dás prácticas non laborais.