A Mariña-Ortegal, 28 de outubro de 2017. Os Concellos de Ribadeo, Burela e Cedeira, veñen de presentar as accións realizadas no marco do proxecto Entre Arcos e Cantís e valoran de xeito moi positivo esta experiencia.
O proxecto Entre Arcos e Cantís, presentado en conxunto polos Concellos de Ribadeo, Burela e Cedeira ao Grupo de Acción Local do sector pesqueiro A Mariña-Ortegal, obtivo unha financiación por un importe de 118.991 euros, o que representa case o 80% do orzamento solicitado (149.808 euros).
Os Concellos avalían dun xeito moi positivo “a experiencia de traballar de maneira global un territorio cun patrimonio tan magnífico, o que permite reforzar a importante líña de costa e o seu valor xeolóxico como posibilidade de turismo sostible e diferenciador”.
E engaden: “somos conscientes da importancia do traballo en rede, e da necesidade de establecer estratexias conxuntas que reforcen a identidade do territorio. Este proxecto para nós supuxo a interacción e o coñecemento dos tres concellos, descubrir esta riqueza do patrimonio natural non só como experiencias turísticas, que tamén, senón ao presentala dentro do marco territorial como unha posibilidade de dinamización local a través do seu coñecemento, o cal era un dos principais obxectivos deste traballo”.
Sobre o traballo realizado explican desde os Concellos de Cedeira, Burela e Ribadeo que “foron diversas as accións desenvoltas en dúas anualidades, as que permitiron a milleiros de visitantes disfrutar de rutas guiadas e interpretadas nos tres concellos, identificación e sinalización de rutas auto-guiadas, actividades formativas para coñecer e aproveitar a riqueza do valioso patrimonio xeolóxico, paisaxístico e cultural presentes nos concellos de Burela, Cedeira e Ribadeo, procurando así unha estratexia de turismo sostible e unha identidade de marca do territorio da Mariña-Ortegal”.
E seguiron a relatar que “a creación dunha páxina web www.entrearcosecantis.org e unha app que permitan a través da rede e de xeito tamén audiovisual a difusión da riqueza e beleza da nosa costa xunto coas posibilidades turísticas que ofertamos, é outra das accións importantes do proxecto: aquilo de que unha imaxe vale mais que mil palabras ten moito sentido neste caso. Quen non queda abraiado cando descubre en Ribadeo a presenza do maior conxunto de arcos rochosos da Península Ibérica co máximo expoñente na praia das Catedrais, así coma os pregues tombados da zona de Piñeira ou os Ollos de Rinlo; no caso de Burela a agrupación de pregues mellor conservados e con maior interese científico e didáctico do territorio nacional e a ampla variedade de rochas (ígneas, metamórficas e sedimentarias) que fan deste concello un referente xeolóxico tanto a nivel nacional como internacional. E Cedeira presenta a forza visual da Serra da Capelada, cos cantís máis altos da Europa Continental ou a praia de Teixidelo, única con area negra non volcánica de toda a Terra”.
“Todo isto tamén se ten levado aos centros educativos a través de rutas guiadas nos tres concellos, pois unha das cousas importantes para a conservación e custodia do territorio é o seu coñecemento”.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



