Xove, a 23 de OUTUBRO de 2.017.Esta fonte, ubicada no burgo de Pereiraboa na parroquia de Xuances, atopábase nunha situación de total abandono. O Concello, seguindo a súa política de recuperación do seu patrimonio arquitectónico rural, decideu resturala; esta iniciativa supón, ademáis da recuperación etnográfica da mesma, a dotación dun importante servizo a tódolos veciños do entorno, xa que, xunto coa fonte, tamén se recuperou o lavadoiro.
Dentro das obras realizadas, destacamos:
-Cambio da cuberta de uralita por pizarra.
-Sustitución dos muros de mampostería por pedra granítica.
-Sustitución do antigo lavadoiro de cemento e bloque por pedra granítica.
-Sustitución da antiga soleira de hormigón por unha nova de pedra natural.
Tódala actuación foi realizada co máximo respecto ao enterno natural e arquitectónico, empregándose elementos de construcción como a pizarra natural e morteiro tradiconal.
O presuposto da obra foi de 30.619,96 €uros, contándose cunha subvención de 16.133,69 €uros da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.
