O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na presentación oficial da tempada do Club de Voleibol Emevé, co que colabora o Goberno da Deputación. O organismo provincial concedeu unha axuda de 70.000 euros ao Emevé, o club referencia do voleibol da provincia.