Burela 7-10-17. Vista Alegre foi testemuña dun gran partido. O Pescados Rubén Burela FS selou esta tarde a súa terceira vitoria consecutiva coa visita do atrevido e sólido Bisontes Castellón (2-1). Tres puntos que empuxan os de Juanma Marrube a unha apertada segunda praza (9 puntos), tras unha cita na que o acerto goleador dos primeiros minutos lles fixo renunciar aos mariñáns á súa filosofía de xogo, sustentando a súa fortaleza na defensa e valentía.
O encontro comezou cun gol meteórico dos laranxas, nas zapatillas de Renato, a tan só 36 segundos. No minuto 6, Luisma reafirmou a efectividade mariñá co 2-0 revolvéndose no chan merodeando pola área. Os visitantes basearon o seu perigo no contraataque e balón parado, con grande acerto de Álex baixo paus. Os de Juanma Marrube tiveron o terceiro no 8, cun balón longo que se estrelou co pau. Falcón desartellou outra dos galegos, no 14, tras falta ao bordo da área sobre Matamoros. A falta de 3 minutos para o descanso Chus tamén protagonizou unha gran galopada, superando a defensa castellonense, que se foi por pouco.
O 13 laranxa tivo máis traballo ao regreso, cun ambiente que se foi caldeando co paso dos minutos, cunha Bancada Laranxa moi animada. Tras as tentativas de Tití, por partida dobre, e David roldando os minutos 25 e 26, Óscar Maeso estrelou contra o pau a máis perigosa dos visitantes, a falta de nove segundos para cumprirse o ecuador do segundo acto. O Bisontes recortou distancias no minuto 35 con finalización de Juanito tras unha recuperación sobre Renato moi protestada; segundos antes Tití desperdiciara outra moi perigosa ante Álex. Restando dous minutos e medio, Bisontes saltou á pista con xogo de cinco dirixido por David. Non cedeu Burela; apostou por asumir a xestión da recta final, con Chus como porteiro-xogador.
A nota máis negativa da xornada en Vista Alegre protagonizouna o visitante Genís, que sufriu unha fractura de tibia nun balón dividido durante a primeira parte.
Martes 10, Copa do Rei
O Pescados Rubén Burela FS comezará unha semana con dobre derbi irmandiño o martes, 10 de outubro, coa visita do Santiago Futsal en dezaseisavos de Copa do Rei (Vista Alegre 20.30 horas). O sábado, os de Juanma Marrube veranse as caras con Prone Lugo, na quinta xornada de liga (Municipal de Deportes de Lugo, 18.0 horas).
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Luisma, Chus, Renato (cinco inicial). Tamén xogaron Víctor, Matamoros, Pope, Colacha
Bisontes Castellón: Falcón, Malawy, Tití, Diego, David (cinco inicial). Tamén xogaron Charly, Genís, Thiago, Óscar, Éric, Juanito
Árbitros: Álvarez Rueda // Hevia Campa (Asturias). Por Burela, amarela a Matamoros. Por Bisontes, amarela a Juanito (minuto 22), David (minuto 22), Óscar (minuto 29),
Goles: 1-0, minuto 1, Renato; 2-0, minuto 5, Luisma; 2-1, minuto 35, Juanito
Incidencias: Encontro correspondente á 4ª xornada Segunda División disputado no Vista Alegre antes uns 700 afeccionados/as.




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
