Lugo 8 de Novembro de 2017 – Nos criterios do reparto dos fondos estatais rexéitase a utilización de variables- como a dispersión – que midan o custo dos servizos que teñen que desenvolver ás entidades locais, salvo no aspecto poboacional. Pero a dispersión e o envellecemento poboacional son dous factores que inciden directamente no custo dos servizos, e singularmente naqueles que a Lei obriga aos concellos a prestar: o mantemento de estradas, o alumeado público, a prestación dos servizos de recollida de lixo e auga, a atención á dependencia, etc, obviamente resultan máis caros nun contexto territorial tan disperso e complexo xeograficamente como é o galego. Desde a Fegamp, se valora primordial introducir tamén eses criterios na fórmula da PIE para equilibrar o reparto entre entidades locais de distintas Comunidades e que podan afrontar de esta forma o sobrecusto que eses factores producen na xestión municipal, xa sexa directamente ou a través da creación dun Fondo específico dentro da participación, similar ao xa existente no modelo de financiamento autonómico, no que si se valoran estas circunstancias específicas.
Singularmente podemos poñer como exemplo os concellos da Provincia de Lugo, que contando cun 12% da poboación galega, teñen máis do 30% das entidades singulares de poboación ( un 16% do total do Estado) e un terzo da extensión da Comunidade galega, que se une a un porcentaxe de habitantes de máis de 65 anos no entorno do 29%, máis de 4 puntos por enriba da media galega e máis de 10 puntos respecto á media estatal. Neste escenario, de aplicarse por exemplo os criterios propostos pola Fegamp, as arcas dos concellos lugueses contarían con 44 millóns de euros máis para o seu financiamento.
De feito, a Comisión de Análise das Facendas Locais da Fegamp aprobou dentro das “100 Medidas para un municipalismo xusto con Galicia e coa Cidadanía” unha medida na que se pide expresamente que na fórmula de reparto da Participación nos Ingresos do Estado dos concellos se teña en conta aspectos demográficos e territoriais que inciden no custo que os concellos asumen na prestación dos seus servizos como os criterios de poboación, dispersión e envellecemento. E o que é aínda máis importante, esta petición ratificouse recentemente na Comisión de Expertos creada en Madrid polo Consello de Ministros xunto coa FEMP, onde se aprobou un documento no que expresamente avala as teses defendidas historicamente polos concellos galegos. Así queda reflectido no documento de conclusións (aprobado en xullo deste ano), que os expertos entenden que “ para o reparto da PIE se debería incluír, xunto á poboación, algunha outra variable que recolla os elementos diferenciais entre concellos de custo unitario de provisión de servizos, tipicamente a dispersión xeográfica da poboación”
Na análise de Fondos de Cooperación Local de Comunidades tan distintas como Andalucía, Asturias, Cataluña, Canarias ou Castilla-León observamos que para realizar o reparto das contías, e ao carón do criterio central “número de habitantes”, todas introducen algún criterio que mide a dispersión poboacional (superficie e núcleos de poboación), entendendo que estes factores son elementos clave na prestación de servizos, e favorecen, coa agregación destas variables específicas, a aqueles concellos con máis dispersión, equilibrando así internamente ese maior custo que asumen. (Achégase gráfico coa simulación para cada un dos modelos). Por isto, desde a Fegamp se demanda que, unha vez avalado na Comisión de Análise da Fegamp e ratificados pola Comisión de Expertos de Madrid, só queda que normativamente se apliquen estes criterios de maneira urxente, para evitar que se siga producindo unha situación inxusta e discriminatoria para o conxunto do municipalismo galego.



















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



