Viveiro 29-11-17. O Concello de Viveiro adxudicou no de día de hoxe a contratación mixta de subministro e obra denominada “Sinalización da ruta de sendeirismo denominada “Monte San Roque a Penedo do Galo” no Concello de Viveiro (Lugo)” a executar pola empresa Futures Infografía, S.L., cun importe de adxudicación de 7.986,00€.
Con esta actuación levarase a cabo a sinalización dunha das rutas máis concorridas do municipio, a ruta de sendeirismo “Monte San Roque a Penedo do Galo”, esta ruta sae da capela do Monte San Roque, atravesa a área recreativa e continúa flanqueando o lado norte do monte Penedo do Galo ata chegar á súa cima, onde se encontra un dos miradores máis singulares do noso municipio; dando continuidade á creación de rutas de sendeirismo como a executada recentemente denominada “Penedo do Galo” que sae do casco histórico de Viveiro.
Ten como finalidade a limpeza da ruta, mediante o desbroce da vexetación en deteminadas zonas e subministro e colocación de sinalización ao longo da ruta con balizas, postes con frechas e paneis informativos, identificándoa con marcas que posibiliten o seu uso polos usuarios; preparándoa para que se podan realizar nela actividades tanto deportivas como de recreo.
Esta actuación está financiada integramente pola Deputación de Lugo ao abeiro dun Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



