O salario medio dos xoves galegos, ata 30 anos, está nos 500 euros de media, ata os corenta en 700. Iso non é salario é escravitude. É a entrega total a un novo sistema produtivo e laboral ideado entre o PP e o PSOE.
Compre analizar de onde sae esta situación, que se iniciou coa reforma laboral de ZP e o cambio do 135 da Constitución, que milagrosamente é posible cambiar. As dúas reformas laborais responden a un deseño digno da FAES. E as decisións que foron tomando sinalan o camiño do cambio do sector produtivo e laboral no sur de Europa. Os socialistas puxeron a primeira pedra do camiño, atacando ós funcionarios, os controladores e aqueles sectores que podían ser a vangarda do avance laboral, logo veu o PP e cargouse a negociación colectiva poñendo ós traballadores un a un diante do empregador. Pero a chave do tema é saber o porque. Na miña humilde opinión isto está moi relacionado coa gobernanza global. A man de obra asiática, xa non é tal porque no seu mercado interno xa consumen máis do que producen, a situación do sur de America e moi inestable para as corporacións. África vive unha guerra perpetua, xa que logo a resposta é fácil, que quedaba? Pois o sur de Europa. Que tiñan que facer para ser competitivos? pois o que fixeron, borrar os dereitos dun plumazo.
A cuadratura do circulo está servida, os datos macro, funcionan e o paro baixa, pero a que prezo? O da moderna escravitude, traballar por 500 euros significa que para vivir con dignidade tes que ter cando menos dous ou tres traballos. Iso e a perda total do marco das relacións laborais garantía unha paz social fácil de vender.
É hora de saber que é o que queremos, ou mellor o que queremos que os nosos fillos herden. Unha sociedade equilibrada onde un árbitro chamado administración garante que non se abusa da xente, ou un Estado produtivo onde cada quen se busca a vida. Eu quero o primeiro, pero para iso non precisamos a tutela e conivencia dos Partidos coa Troika e o Banco Mundial, para iso precisamos Europa, moita Europa con igualdade, sen fronteiras e que aposte firmemente polo piar social. Xa non por nos senón que polos que veñen.
Porque PP, Psoe a algún outro vende a dignidade da xente? Pensemos.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.

















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



