Burela, 22 de novembro de 2017. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, pronunciou hoxe unha charla no Centro de Formación Ocupacional da localidade, onde se está a impartir un curso sobre turismo desde hai un par de meses. O edil burelés falou do traballo realizado desde o seu departamento e dos proxectos turísticos que se están a desenvolver. Fernández Rey cualificou a experiencia como positiva e anunciou que o Concello convidará a este grupo de persoas a visitar o barco museo Reina del Carmen e tamén a facer as rutas xeolóxicas de Burela.
Ramiro Fernández comentou que “como concelleiro de Turismo convidáronme a participar nun curso de turismo que se está dando no Centro de Formación Ocupacional aquí en Burela, de xente que moitos deles teñen estudos de turismo e outros que non os teñen, pero que están interesados neste tema”.
O edil explicou que “participei hoxe nunha charla moi positiva na que lles explicamos todos os proxectos turísticos que desenvolvemos desde que chegamos ao Concello de Burela e tamén queríamos un pouco para saber as súas inquedanzas e incluso as súas críticas ao que estamos facendo e as achegas que eles tamén poden facer para que o turismo de Burela siga medrando e nos aporten ideas”.
O concelleiro de Turismo asegurou que “a nivel persoal e como concelleiro de Turismo saquei unhas conclusións moi positivas, ademais eles mesmos van facer un traballo no que cada un vaise encargar dun pobo para propoñer iniciativas turísticas para cada pobo en particular. Aquí temos a sorte de que vai ser unha rapaza de Burela a que nos vai facer un traballo do que lle explicamos hoxe analizando os pros e os contras de todo o traballo que se leva facendo, e estou segurísimo de que as conclusións que nos fagan chegar nos van servir para seguir mellorando, e ao mellor tamén para corrixir erros que poidamos estar cometendo desde a propia Concellería, e para encauzarnos un pouco máis profesionalmente no tema do turismo”.
Fernández Rey aplaudiu “a iniciativa que neste caso tivo a dirección do Centro de Formación Ocupacional de invitarnos a participar nesta charla, e esperemos que a cita de hoxe tamén traia froitos positivos para facer novas campañas turísticas de Burela”.
O edil burelés anunciou que “imos invitalos a facer unha visita turística ao barco-museo Reina del Carmen, e tamén xa contactamos co xeólogo que nos fai as rutas xeolóxicas porque queremos que fagan a visita ás rutas xeolóxicas e que descubran todo o potencial turístico que ten Burela, para que o teñan en conta no caso de que algún día teñan a oportunidade de traballar aquí ou nun municipio da zona, e así sexan coñecedores de primeira man de todos os recursos turísticos que temos aquí en Burela”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



