Foz, 22 de novembro de 2017. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, mantivo unha reunión con representantes de asociacións que reciben subvencións do Concello, co fin de explicarlles como teñen que facer para xustificalas ante o recente cambio na lei que regula este asunto. O rexedor salientou que no ano 2016 o Concello focense concedeu máis de 220.000 euros en axudas para estes colectivos.
Javier Castiñeira explicou: “reunímonos cos responsables das asociacións culturais, deportivas e tamén o Centro Comercial Aberto, que reciben subvencións municipais por parte do Concello, para tratar de avaliar coa nova interventora todas as subvencións que hai pendentes de xustificar aínda do ano 2016 e as deste ano 2017. O encontro foi para tratar entre todos de ter unha mesma idea á hora de xustificar as subvencións. Sabemos que durante este último ano se aprobou unha modificación da lei de subvencións, que vai afectar a todas as asociacións, e polo tanto trátase de que o Concello informe destas situacións para tratar de levalo o mellor posible”.
O alcalde salientou que “en total no ano 2016 son máis de 220.000 euros os que se reparten entre diferentes asociacións culturais, deportivas e económicas do noso concello, que ao final redundan en cantidade de actos, festivais e outros eventos que se fan no municipio. E para este ano 2017 ampliáronse un pouco as subvencións a grupos de teatro e tamén aos coros parroquiais, que eran os que máis baixas as tiñan. A urxencia é tratar de xustificar durante este ano as do 2016 e ir preparando xa as do 2017”.
Castiñeira dixo tamén que “foi unha reunión positiva para tratar de coordinar a todos os grupos e asociacións para que poidan cobrar nas mellores condicións as subvencións municipais que lles corresponden”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



