Ribadeo, 10 de novembro de 2017. O Concello organiza o II Curso para a Formación de Guías Intérprete do Litoral de Ribadeo. Enmárcase dentro das accións do proxecto Entre Arcos e Cantís, no que participan Ribadeo, Burela e Cedeira e ten como obxectivo principal a promoción dun turismo sostible diferenciado, empregando a xeodiversidade do territorio como fío condutor. A inscrición para participar estará aberta ata o 20 de novembro.
A edil Ana Martínez sinala que “se parte da base, de que o noso territorio destaca pola importante biodiversidade que alberga, se ben o interese social e turístico, no caso de Ribadeo, focalízase principalmente no espazo natural da praia das Catedrais e compre romper con esta dinámica e apostar pola valorización de todo o litoral de Ribadeo, transformando á súa vez nunha oportunidade para o aproveitamento socioeconómico compatibilizándoo coa súa conservación e mantemento”.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo explica que “o Concello coa oferta deste curso quere formar e capacitar a persoas para que podan ser capaces de exercer como guías-intérpretes dos valores naturais e patrimoniais do litoral de Ribadeo e a súa contorna. Desde o Concello de Ribadeo, entendemos que a formación é unha parte fundamental no desenvolvemento do turismo xeolóxico; capacitar ás persoas para que sexan capaces de interpretar o noso patrimonio e se poidan ofrecer unhas visitas de calidade ao tempo de que poida ser unha nova oportunidade de emprego”.
Características do curso
O curso estará dirixido a persoas con inquedanzas sobre a natureza, patrimonio, turismo, riqueza biolóxica e/ou xeolóxica que desexen seguir aprendendo e formándose e teñan interese en traballar como guías locais, e preferentemente a graduados/diplomados en Bioloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Xeografía e Historia, Xeoloxía, Agrónomos, Turismo e similares.
O curso terá unha duración de 30 horas e desenvolverase nas fins de semana os días 25 e 26 novembro e 2 e 3 de decembro en horario de 10:00 a 17:30 horas. O curso incorporará contidos sobre a xeomorloxía, xeoloxía, bioloxía e patrimonio do litoral de Ribadeo. Estará dirixido por Francisco Canosa, doutor en Xeoloxía e experto na costa de Ribadeo e contará coa colaboración de profesionais en materia de bioloxía, patrimonio e turismo.
O curso estará formado por parte práctica e saídas ao campo. A formación contará cun total 20 prazas e o prazo límite de inscrición é o 20 de novembro. Para máis información e inscrición as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Concello no teléfono 982 128 650 ou no correo adl@ribadeo.org
As bases de participación estarán colgadas na sede electrónica do Concello.
Ana Martínez lembrou que “no ano 2014 desenvolveuse o primeiro curso de guías intérpretes do litoral de Ribadeo, que veu complementado posteriormente coa creación das Xeorrutas de As Catedrais e de Rinlo, ambas véñense ofrecendo ás persoas visitantes e aos locais tendo unha gran acollida. Estes itinerarios xeolóxicos no litoral de Ribadeo se incorporan aos atractivos naturais, xeomorfolóxicos, da paisaxe, patrimoniais, históricos e etnográficos, que abondan no litoral de Ribadeo”.
Este curso está incorporado no proxecto Entre Arcos e Cantís, no que participan os Concellos de Burela, Cedeira e Ribadeo, “e ten como obxectivo a formación de persoas especializadas nos valores naturais de Ribadeo, o que permitirá ofrecer visitas interpretadas de calidade para afondar na relación do patrimonio coas persoas visitantes. Dalgunha maneira para o Concello significa a dinamización dun nicho de mercado, especializado no turismo de natureza sempre desde unha óptica de sostibilidade e facilitar que permita a creación de emprego neste eido. Estas medidas deben axudar á canalización e control dos fluxos turísticos, orientada a garantir a conservación do entorno cultural e natural do espazo así como garantir un experiencia de visita de calidade”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



