Lugo, 24 de novembro de 2017. O Executivo Provincial aprobou hoxe en Xunta de Goberno unha declaración institucional con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Esta apunta o seguinte:
No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres lembramos que a violencia machista é a manifestación máis terrorífica das desigualdades de xénero e que non respecta fronteiras nin culturas. Unha realidade estrutural que afecta, segundo ONU Mulleres, a un 35% das mulleres do planeta.
A pesar de levar anos lexislando a favor da igualdade de xénero dende todos os niveis de goberno, consideramos que os esforzos non son suficientes. No que vai de ano, podemos contar 99 feminicidios, aínda que as cifras oficiais rexistran 44 mulleres asasinadas por violencia machista no conxunto do Estado, 1 delas en Galicia. Na última década, as estatísticas falan de 574 e 40 asasinadas a nivel estatal e galego respectivamente sendo, estes datos, a punta do iceberg do que realmente están padecendo as mulleres en situación de violencia e as súas fillas e fillos.
Mais o 25 de novembro non é só un día para o recordo das vítimas, o 25 de novembro debe ser un día para a acción, un día no que manifestar o noso compromiso contra as violencias machistas.
A loita contra as violencias machistas debe ser unha prioridade institucional e política, non só nos organismos e departamentos de igualdade senón en todos os ámbitos que afectan á vida das nosas veciñas e veciños. Actuar sobre as violencias machistas supón recoñecer graves fendas de xénero no ámbito social, económico, cultural etc. e supón atallar as causas estruturais e sociais que sustentan estas desigualdades a través do desenvolvemento de políticas de igualdade e do respecto minucioso aos dereitos humanos das mulleres.
Para combater a violencia de xénero é preciso recoñecer as súas múltiples formas e manifestacións, e tamén denunciar a cultura da violencia, a cultura da violación e a cultura da submisión que alimentan o patriarcado. Combater a violencia de xénero significa adoptar acordos e compromisos políticos para aumentar os orzamentos públicos destinados a facerlle fronte e a dotar os equipamentos especializados dos recursos necesarios para a súa prevención, atención e tratamento.
Dende o Goberno da Deputación queremos expresar con firmeza, non só o noso rexeitamento ás violencias que sofren as mulleres polo mero feito de selo, senón tamén dar conta de que é algo que nos compromete a todas e a todos, axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación, recoñecendo a importancia do papel das entidades locais en tanto poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres, os nenos e as nenas.
Hoxe, 24 de novembro, dende o Goberno da Deputación queremos reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres; amosando, ademais, o noso firme rexeitamento de quen a exerce e da complicidade de quen as silencia.
SEMPRE LIBRE E VIVA!




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



