Lugo, 10 de novembro de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, informou que o Executivo Provincial aprobou este venres en Xunta de Goberno as bases da selección dos usuarios do Lugo Termal 2017. Trátase do programa que ofrecemos dende Goberno da Deputación a lucenses maiores de 55 anos, dende novembro e ata finais de marzo, con descontos en tratamentos termais nos balnearios de Lugo, Pantón e Pambre.
O Presidente informou que trala aprobación na sesión de hoxe, mañá mesmo publicarase no BOP e, a partires do luns, 13 de novembro, abrirase o prazo de prescrición para presentar as solicitudes. Explicou que “con esta programación o Goberno da Deputación potencia o benestar social e permite o acceso dos maiores lucenses ao turismo termal na provincia”.
Campos Conde apuntou que “decidimos ofrecer esta programación, por 7º ano consecutivo, debido ao grande interese que esperta entre os maiores da nosa provincia. Co Lugo Termal 2017 ofrecemos un total de 600 prazas dirixidas a lucenses maiores de 55 anos, con descontos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinais nos establecementos da provincia entre os meses de setembro e decembro”.
Para inscribirse nesta programación é preciso presentar no rexistro da Deputación, o formulario cuberto que hai na www.deputacionlugo.gal, acompañado de 2 fotocopias do DNI da persoa solicitante, e outras 2 do acompañante.
Paquetes subvencionados e prezos
Os paquetes nos que se ofrecerán descontos son os seguintes: consisten en 6 días e 5 noites, con entrada o domingo e saída o venres, pensión completa, 1 recoñecemento médico, 12 técnicas termais e actividades socioculturais. O custo é de 190 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación. A distribución das prazas é:
– Balneario Termas de Lugo: 30 prazas
– Balneario Augas Santas, en Pantón: 400 prazas
– Balneario Rio Pambre, Palas de Rei: 170 prazas
Prazas subvencionadas sen estancia. Este paquete inclúe 30 técnicas termais durante 10 días, sendo 3 técnicas ao día; e un recoñecemento médico. O prezo neste caso é de 200 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación. A división das prazas é:
– Balneario Termas de Lugo: 100 prazas
– Balneario Augas Santas, en Pantón: 20 prazas
– Balneario Rio Pambre, Palas de Rei: 20 prazas
Atención especial e acompañantes
Dentro da aposta por unha Deputación social e coas persoas, o Lugo Termal 2017 ofrece atención especializada ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidades física, psíquica ou sensorial.atención especial ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial. Os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén terán a posibilidade de desfrutar destes descontos aínda non ter máis de 55 anos, pero sempre que sexan de Lugo. Deberán xustificar o seu empadroamento na provincia.
630.000 euros para melloras en infraestruturas viarias
O Presidente informou sobre a adxudicación de obras de mellora de 2 estradas provinciais no Corgo e Sarria con máis de 590.000 euros. “Actuaremos en máis de 8 quilómetros, nos que se mellorará o firme con aglomerado en quente e se incrementará a sinalización”, explicou. Son as seguintes estradas:
– En Sarria: Son melloras na LU-P-5705, do Mazadoiro, por Escarlán a San Martín. Achegamos un total de 261.000 euros para o acondicionamento do firme na estrada de Sarria, que une Mazadoiro por Escarlán a San Martín de Torre, concretamente na LU-P-5705, nos primeiros 6,5 quilómetros desta estrada.
-O Corgo: na estrada que vai da variante da LU-P-1602 de San Cristobal por Adai á LU-106. Conta cun investimento de preto de 330.000 euros, para rehabilitar o firme entre os puntos quilométricos 1,5 e 3,2. Con esta obra realizase a segunda fase da conexión da N-VI con Adai, unha vía moi demandada polos máis de 3.600 veciños deste Concello que a empregan a cotío.
Para o Concello do Incio achegamos 40.000 euros á mellora de camiños dos núcleos rurais de Vilasouto, Viloira, Outeiro e Teimoi. Nos núcleos de Vilasouto e Teimoi, ampliaranse estadas locais, o que permitirá que o camión do lixo poida pasar sen ningún problema; e en Outeiro e Viloira, son traballos de acondicionamento do firme con rego asfáltico de accesos rurais.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



