Lugo, 20 de novembro de 2017- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero, sumáronse esta mañá ao acto de recordo e homenaxe ás vítimas de accidentes de circulación que se levou a cabo diante da Xefatura Provincial de Tráfico. No transcurso do mesmo, o subdelegado leu un manifesto e gardouse un minuto de silencio en lembranza dos falecidos nas estradas. Participaron tamén outras autoridades das distintas administracións, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e membros de asociacións de vítimas, coa intención de chamar a atención sobre a traxedia persoal e social que supoñen os sinistros de tráfico e avivar conciencias para estimular á sociedade na loita común contra esta problemática.
Ramón Carballo fixo un chamamento á responsabilidade e ao cumprimento das normas de circulación para evitar máis mortes nas estradas, xa que “todos estamos implicados no tráfico, sexa como condutores ou como peóns, e por iso debemos concienciarnos e adoptar comportamentos responsables se queremos frear a sinistralidade”. Lembrou que os accidentes de tráfico causan cada ano a morte “de preto de 1,25 millóns de persoas en todo o mundo” e as lesións causadas por estes sinistros son xa “a principal causa de defunción no grupo de idade de 15 a 29 anos”.
No que vai de ano, 15 persoas perderon a vida nas estradas da provincia de Lugo, 8 menos que no mesmo período do ano pasado. En todo 2016, o número de vítimas mortais nas vías interurbanas lucenses fora de 27. Ata o día de hoxe, na rede viaria de toda Galicia faleceron 69 persoas.
O Día Mundial en recordo das vítimas de tráfico conmemórase cada terceiro domingo de novembro dende o ano 2005, cando foi recoñecido oficialmente polas Nacións Unidas. O subdelegado explicou que con esta conmemoración non só se pretende lembrar ás vítimas senón tamén fomentar unha profunda reflexión social sobre esta realidade.
UNIDADES DE ATENCIÓN A VÍTIMAS
No acto fíxose tamén especial mención ao labor das Unidades de Atención a vítimas de accidentes de tráfico (UVAT), ubicadas nas Xefaturas Provinciais de Tráfico, que se encargan de asesorar, informar e prestar axuda ás vítimas, ou aos seus familiares, naquelas cuestións que poidan precisar despois de sufrir un sinistro de circulación. Do que se trata é de estar ao seu carón, facilitándolles o acceso aos recursos existentes e velando polos seus dereitos.
No que vai deste ano, a UVAT da Xefatura Provincial asesorou a 351 persoas afectadas por accidentes de tráfico. Dende que se puxera en marcha en Lugo no ano 2013, a unidade atendeu a máis de 2.200 vítimas.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



