Preto de 4.500 embarcacións, que son 4.500 máquinas produtoras, sitúan a Galicia como a oitava rexión en potencia pesqueira, por diante de moitos países, da Unión. Este dato é sen os buques de capital galego e bandeira noutros Estados, que son uns cantos. Unha potencia enorme en xerar riqueza e movemento económico se temos en conta o que xira ó redor de tal actividade: portos, ventas, provedores, transportes, mantementos … non existe actividade en Galicia que sexa tan propia e o mesmo tempo estea tan esquecida. A pesca e o seu impacto supón un valor engadido de máis de 1.100 millóns de Euros por ano, case un 2,5 do PIB de Galicia.
É un feito galeguista e de identidade, que está de todo esquecido e defumado polos gobernantes do noso País. Coñezo moi ben o sector, son fillo de mariño, e sei o porque das chaves de esta acción política estrana. No debate político rara vez está a pesca na magnitude da súa influenza en Galicia como por exemplo están o monte, os gandeiros e incluso a moda. A primeira realidade é a falla de organización dos traballadores e o sistema medieval de reparto de ganancias que fai de este sector o claro paradigma da relación empresario con empregado de forma directa e pactada, coa problemática que para o traballador xera, e o segundo é a propia natureza hermética do sector que se basea moito na relación persoal e na palabra dada, o PP sabeo moi ben e leva moito tempo traballando iso con auténticos políticos ó fronte de organismos como Confrarías, Asociacións de Armadores e mesmo chiringuitos de xestión de fondos UE. Isto ten que mudar e precisa de unha forza realista que arranxe estas formas arcaicas. Só así o sector poderá ter capacidade de crecemento e de proxección, aínda pode. E rocoñecemento social.
Están chegando anuncios preocupantes: Irlanda ofrece as descargas de altura e grande altura con beneficios, o Brexit ameaza bos caladoiros e China fai un macro porto en Africa en Bisáu mentres a frota galega perde ese importante mar. Son indicios de que algo vai cambiar, son indicios de que temos que dar a importancia que merece ó sector, nun tempo novo de posta en valor dunha realidade, moi de Galicia.
É tempo xa que logo, dun novo Compromiso coa pesca, para unha potencia do sector como Galicia, é un fito de supervivencia. Ollo ós avisos, e menos control político interesado e nada produtivo.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



