Xove 24-11-17. Xove conta dende hai anos cun parque biosaudable, ubicado no centro do Parque anexo ao Centro Cívico. Está área é moi utilizada por todo tipo de usuarios, pero especialmente por persoas da terceira idade, que aproveitan para realizar os seus exercicios de mantemento ao aire libre, e tamén polos nenos/as que diariamente xogan no parque.
Os diversos aparellos deste parque estaban realizados con ferro e madeira; ao estar sempre á intemperie, estes aparellos ximnásticos fóronse deteriorando cos anos, deterioro que tamén se veu acentuado polo seu intenso uso. Pois ben, debido ás razóns antes exportas, dende o Concello considerouse a necesidade de cambialos e sustituilos por outros máis modernos, ampliando tamén, ao mesmo tempo, o número de aparellos do parque.
Esta renovación do parque xa está realizada, e os vellos aparellos xa foron susituídos por uns novos; neste cambio a mellora foi moi importante, dándose un alto salto cualitativo, xa que frente aos vellos, estes novos aparellos son de aceiro inoxidable. Isto vai permitir que os usuarios disfruten dunha maior calide nas súas prácticas, pero tamén, e isto é importante, o uso de aceiro inoxidable garantiza unha durabilidade dos aparellos moito maior, polo cal, o seu alto custo está perfectamente xustificado.
O investimento na renovación do parque biosaudable (adquisición e instalación de 11 novos aparellos) foi duns 20.000 €uros, afrontados integramente polo noso Concello.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



