Burela a 27 de novembro de 2017. A muller leva esperando por un ecocardigrama de stress dende o mes de maio.Dita proba debería terse feito en setembro,polo que no mes de outubro pon a súa primeira reclamación da que non obtén resposta.Pon una segunda reclamación un mes máis tarde, tamén desatendida.Nesas datas decide contactar coa Plataforma Sanitaria para que difundan o seu caso e envíase á prensa.
A deixadez e inoperancia é tal que de novo contacta coa Plataforma Sanitaria, e tras poner outra reclamación máis,con número de rexistro 37158, presenta un escrito ante a Subxerencia Executiva do Hospital da Costa facendo responsable á dirección do centro do que lle poida pasar en cuestión de saúde ,pois estoy tomando tratamiento para el corazón sin saber si lo necesito o no, ya que no sé lo que tengo.Tomaré las medidas oportunas legales contra la dirección del Hospital y la Gerencia de Lugo- relata la paciente.
Un grupo de veciñas e vecinos piden formalmente copia da súa historia clínica
Na mañá do 27 de novembro un grupo de veciñas e vecinos indignados e preocupados porque os seus historiais clínicos fosen levados para Lugo e a cargo dunha empresa privada, acudiu ao hospital da Costa e formalizaron a solicitude de copia do seu historial completo.
A Plataforma Sanitaria faise eco das súas demandas e pon de manifesto que este é un paso máis por parte do gobernó da Xunta cara una paulatina privatización dos servizos sanitarios como vimos decindo dende hai tempo – manifestan desde a Plataforma.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



