Desde Gaia sinalan que “a auga forma parte dos recursos naturais de maior importancia para a vida e supervivencia do home, polo cal é indispensable facer un uso eficiente deste recurso, xa que, lamentablemente a seca axexa ao noso país”. A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, explica que “a causa inicial de toda a seca é a falta de precipitacións, o que deriva dunha insuficiencia de recursos hídricos. Con esta charla preténdese concienciar aos estudantes sobre a importancia de facer un uso eficiente e aforro deste recurso natural tan prezado”. A edil burelesa engade que “o alumnado estivo atento ás explicacións das monitoras participando en todo momento facendo preguntas, posteriormente cubriron un cuestionario sobre hábitos cotiáns do uso da auga nos seus fogares e para rematar as monitoras ensináronlles aos alumnos algúns sistemas de aforro de auga como son o uso de aireadores, perlizadores ou redutores de caudal que se poden instalar nas billas ou nas cisternas”.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



