A Mariña 30-11-17. Este xoves rematou no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral que a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña ten en Burela a actuación formativa “Iniciación á lavandería industrial”. Está actuación estivo cofincanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a igualdade , a saúde e a inclusión social ” para mellorar a situación no mercado de traballo dos participantes a través da formación adaptada
O obxetivo principal foi a mellora da empregabilidade das persoas con enfermidade mental. Para conseguir esto, traballáronse: as habilidades sociais, a mellora de hábitos prelaborais e a adquisición de formación básica e de tipo laboral adaptada as necesidades das persoas con enfermidade mental.
Agradecemos especialmente á “Tintorería O Parque” a súa colaboración ensinando as súas instalacións e a motivación dos participantes na actuación para a búsqueda de emprego.
Os participantes amósanse satisfeitos coa formación recibida, xa que contribúe a mellora signiticativa da súa calidade de vida.
