Foz, 8 de xaneiro de 2018. A Biblioteca Pública Municipal de Foz acaba de fallar o Certame de Poesía de Nadal 2017, no que participaron numerosos alumnos e alumnas dos colexios do concello de Foz. A entrega de premios deste concurso e do de postais será este xoves, 11 de xaneiro, ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.
Os premiados no Certame de Poesía de Nadal son:
CATEGORIA A
Pablo García Martínez – 7 anos
Cristian Muíña García – 7 anos
Marina Bolado Fraga – 7 anos
CATEGORIA B
Ainara Díaz Cortiñas – 10 anos
Jorge Penabad Rodríguez – 10 anos
Noa Fernández Corbelle – 9 anos
CATEGORIA C
Antía Castiñeira Marrero – 14 anos
Candela Castro Franco – 13 anos
Mª Anastasia Fernández Martínez – 13 anos
Os premiados no XVI Concurso de Postais Nadal 2017, que recollerán os premios o mesmo día, son:
1º premio categoría infantil A – Ezequiel Pérez Coldeira (4 anos)
2º premio categoría infantil A – Maya Mogo (6 anos)
1º premio categoría infantil B – Mariña Balseiro Parga (10 anos)
2º premio categoría infantil B – Alba Cajoto Palmeiro (8 anos)
1º premio categoría xuvenil – Helena Celada Villarmea (11 anos)
2º premio categoría xuvenil – Alba Concheiro Rodríguez (14 anos)
Accesits: Iago Balseiro Parga (6 anos), Samuel González Lage (7 anos) e Andrés Moreda Hermida (14 anos).
De entre os gañadores a postal elixida para representar ao Concello de Foz na súa felicitación institucional foi a de Helena Celada Villarmea. O premio especial ao colexio por tanto é para CEIP Nº 1.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, destaca “tanto a cantidade como a calidade dos traballos presentados. Un ano mais, parabéns para todos”.




















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



