A Mariña 30-1-18. Dende a Plataforma Sanitaria denuncian a maquillaxe se precedentes de María José Cortés en relación coas listas de espera nas que manipula os tempos de agarda e ao mesmo tempo négase a publicar a lista de espera non estrutural ou Lista B.
“A lista de espera normal é a estrutural, cando non aceptas as propostas do SERGAS con respecto a ir á concertada/privada pasas á lista de espera non estrutural, que é iso? Pois unha lista B, o limbo…onde quedas nun caixón ata que te queiran rescatar”, explican.
A REALIDADE DAS LISTAS DE ESPERA NA MARIÑA.
-ECOGRAFÍAS: Os datos que presenta a Xerencia e dunha medía de 2 meses cando a realidade é que supera os 4 meses de espera.
– ESTUDOS CARDIOLÓXICOS: Os datos que presenta a Xerencia é de 15 días cando temos denuncias oficiais de pacientes que para facer unha proba de esforzo agardaron 210 días e 180 días respectivamente, ou de pacientes que foron chamados para consulta de Cardioloxía 6 meses despois de ser operados de urxencia noutros hospitais da rede SERGAS.
– CONSULTAS DE TRAUMATOLOXÍA: Os datos que presenta a Xerencia é de 59,7 cando temos denuncias de pacientes que levan esperando 9 meses e 7 meses con volantes preferentes.
– REHABILITACIÓN: Os datos que presenta a Xerencia é de 16 días. Para ser tratados en rehabilitación os pacientes preferentes teñen un espera de 5 meses.
Os pacientes crónicos que teñen que acudir ao Hospital da Costa por falta de rehabilitación no Centro de Saúde de Burela teñen unha lista de agarda que supera os 8 meses.
– A día de hoxe existe escurantismo total en canto a realidade das listas de espera xa que as mesmas xa non son xestionadas polo persoal do centro (anteriormente si xestionaba o persoal de admisión, se non que están baixo chave no despacho da dirección de xestión, único que coñece os datos reais e que emite listados diariamente para que simplemente chamen por teléfono.
– OPERACIÓNS CIRÚRXICAS: A Xerencia fala de 45 días. Os datos que manexamos é que principalmente na especialidade de traumatoloxía (próteses de cadeira, xeonllo, etcétera ) son derivadas cada vez máis aos hospitais privados de Lugo (POLUSA), incluído o preoperatorio, a intervención cirúrxica e as revisións co conseguinte desprazamento e gasto innecesario para usuarios e familias.
As derivacións aos hospitais privados de Lugo non só afectan a intervencións cirúrxicas, tamén son derivadas probas diagnósticas (electromiograma, ecografías, resonancias, etcétera)
PLAN URXENTE PARA ABORDAR AS LISTAS DE ESPERA.
Dende a Plataforma Sanitaria da Mariña “apostamos por unha sanidade ao alcance de todas e todos, pública e de calidade. Neste senso, é necesario poñer en marcha un Plan Urxente para Abordar as Listas de Espera que contemple a utilización racional dos recursos do sistema público e abandone as actuais políticas de derivación cara a centros concertados, que unicamente promoven o enriquecemento de empresas privadas”, sinalan.
“A saúde é un dereito fundamental que debe ser garantido e protexido, polo que esiximos unha sanidade digna e de proximidade na nosa comarca que garanta a atención sanitaria de toda a cidadanía da Mariña”, conclúen.
DIMISIÓN DA XERENTA.
Para a Plataforma Sanitaria non é admisible esta burla sobre estes tempos de espera para probas, consultas e operacións cirúrxicas no Hospital da Costa.
“María José Cortés non traballa para garantir unha atención sanitaria en tempo e forma para a cidadanía da Mariña, só obedece submisamente ordes políticas, indo contra os intereses da Sanidade da Mariña importándolle ben pouco a dor e sufrimento que está a provocar entre a veciñanza a súa nefasta xestión” afirman.
Ante a gravidade da maquillaxe e manipulación das listas de espera proporcionadas por María José Cortés, Xerenta do Hospital da Costa, dicir o seguinte:
– É unha burla e unha falta de respecto a toda a poboación da Mariña que está a sufrir en primeira persoa as longas listas de espera para consultas, probas diagnósticas e operacións cirúrxicas, xa sen falar do continuo aumento de derivacións aos hospitais privados de Lugo.
Por todo o anterior esiximos a dimisión de María José Cortes, Xerenta do Hospital da Costa, e anunciamos que nas concentracións deste mércores berraremos
Coa nosa saúde non se xoga!





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



