Burela, 5 de xaneiro de 2018. Un total de 27 relatos se presentaron ao II Certame de Contos de Nadal, que convocou a Concellería de Cultura burelesa. José Díaz deu a coñecer este mediodía o fallo do xurado. No acto estivo acompañado polo alcalde, Alfredo Llano.
O 1º premio foi para Singular Nochebuena de Eumelia Sanz Vaca, de Valladolid, que recibirá 150 euros, diploma e trofeo. O edil de Cultura dixo que “se trata de uno de esos relatos que nos dejan reflexionando sobre lo que la Navidad supone para algunas personas en el sentido de que tan solo se trata para ellos de una noche más, una noche como cualquier otra. El tono poético y la apreciable calidad literaria del relato le hacen merecedor en nuestra opinión de este primer premio”.
O 2º premio foi para Mi niño, mi pequeño niño de María de la Cruz Suárez Fernández, de Piedras Blancas (Castrillón, Asturias). Esta muller, que acudiu a recoller o seu agasallo, recibiu 75 euros, diploma e trofeo. José Díaz explicou que “es un relato que gira entorno a lo importante que es priorizar en nuestras vidas lo que realmente importa de lo que no, dejando de lado en la medida de lo posible aquellas cosas que solo suponen un lastre emocional o personal”.
Alfredo Llano e José Díaz déronlles os seus parabéns a todos os que participaron, “que foron moitos un ano máis”.
O edil burelés felicitou de xeito especial “a la Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, que este año envió 3 relatos para participar en el certamen. Los quiero felicitar y agradecerles que fomenten la literatura entre sus miembros consiguiendo que se involucren en concursos de estas características. Esperamos vuestros escritos para el próximo año. No queremos que se pierda jamás el hábito de escribir, de crear, de imaginar, de contar… y apostaremos siempre por formatos como este, en los que se incentive la creación literaria”. O colectivo recibiu un diploma pola súa participación no evento.






















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



