En Foz, a 12 de Xaneiro de 2018. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
En Foz, na actualidade non contamos con auditorio municipal. Soamente contamos co salón de actos da Casa de la Cultura, salón de actos do Cenima e Sala Bahía para realizar eventos culturais e de calquera outro tipo, nos que en innumerables ocasións polo seu reducido aforo quedáronse pequenos, impedindo a moitísima xente poder desfrutar de actividades, representacións e concertos.
Dentro do noso Concello temos innumerables asociacións culturais que nos veñen reclamando unhas mellores instalacións para realizar as súas actuacións, e estamos vendo como por exemplo, ultimamente a banda de musica fai os seus concertos na igrexa porque ten mellor acústica que os locais anteriormente citados.
Polas características coas que foron construídas ou reformadas temos que ter en conta que é un salón de actos, a acústica e as prestacións técnicas coas que os profesionais teñen que desenrolar as súas actuacións impiden que se poida desfrutar todo o que se debería nun auditorio deseñado y construído con todas as características técnicas necesarias, sen esquecer o escaso numero de persoas que poden asistir, así mesmo, comentar tamén, que numerosas actuacións non veñen ó noso pobo por non ter un auditorio como tal, e cunha capacidade mínima.
Creemos necesario que os veciños de Foz e inclusive da Mariña poidan contar cun Auditorio de titularidade municipal, deseñado técnica y esteticamente como tal, cun aforo mais que suficiente para que a todos los actos que se poidan y se deban celebrar no noso pobo poidan asistir todos os veciños que o desexen y poida desfrutar coa maior comodidade e calidade posible.
Somos coñecedores que había feito un proxecto xa na Xunta de Galicia para a construción deste auditorio, estamos falando de fai xa 10 anos, que iría ubicado na explanada portuaria ó lado da piscina municipal.
Estamos convencidos, de que todas as infraestruturas necesarias para Foz, teñen que ser una realidade o antes posible e que un auditorio municipal, coas características adecuadas é unha delas.
Somos conscientes que todos os Concellos non poden dispor dun auditorio, pero pola situación estratéxica de Foz, estamos convencidos de que sería o sitio ideal para a construción dun auditorio pensando para toda a mariña.
Tamén estamos convencidos de que un proxecto de esta índole ten que ser levado a cabo por toda a Corporación Municipal de forma consensuada y sen divisións que poidan prexudicar o desenrolo e os prazos de execución de este proxecto.
O que “Foz, Plataforma de Futuro” levamos nestes momentos a Pleno é algo que hai que recordar levávamos no noso programa electoral cando nos presentamos ás eleccións municipais de 2015.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:
1- Solicitar ó equipo de Goberno, a que faga as xestións necesarias co resto de administracións públicas, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Goberno do Estado, para conseguir o financiamento para a construción dun Auditorio no Concello de Foz




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



