O Concello de Ribadeo poñerá un autobús para tod@s aquel@s persoas que queiran asistir este domingo, 4 de febreiro, en Santiago á manifestación na defensa da sanidade pública. A hora de saída será ás 8:30 horas desde a Estación de Autobuses de Ribadeo. Aqueles que desexen reservar praza no autobús deberán facelo no Concello ata este xoves, día 1, ás 14:00 horas.
