Lugo, 30 de xaneiro de 2018.- O Grupo Provincial do PP conseguiu hoxe o apoio do BNG a unha emenda presentada á moción dos nacionalistas sobre a recuperación da xestión e explotación pública do Servizo de Rutas Fluviais da Deputación de Lugo. Os populares piden que se paralice a contratación do servizo iniciadas pola Deputación “porque é lesiva para a provincia” e que se faga unha proposta de mellora do servizo a través dun plan de futuro a curto e longo prazo. “Non se pode actuar a golpe de improvisación”, replican. A moción do BNG e a emenda do PP saíron adiante.
En concreto, a demanda dos populares foi aprobada como segue:
1. Que o goberno desta Deputación rectifique a decisión de privatizar a xestión e explotación do Servizo de Catamaráns da Deputación de Lugo no Canón do Sil e Río Miño así como se recuperen todos os servizos existentes no ano 2015, tanto na cantidade de liñas como no mantemento da oferta ao longo de todo ano.
2. Que o goberno desta Deputación realice para este ano, debido á premura dos prazos, unha encomenda de xestión á Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A. para a xestión e explotación do Servizo de Catamaráns da Deputación de Lugo no Canón do Sil e Río Miño.
3. Que o goberno desta Deputación elabore e presente unha proposta relativa á xestión e explotación do Servizo de Catamaráns da Deputación de Lugo no Canón do Sil e Río Miño de cara aos vindeiros anos, motivada nos pertinentes informes técnicos e económicos.
O deputado Juan Carlos Armesto lamentou que ao presidente da Deputación lle guste “utilizar” á Ribeira Sacra. Así, insistiu en que “a peor presentación da historia en Fitur foi a súa, unha provincia sen iniciativa pero que se sumou ás ideas do Consorcio de Turismo facendo de ocupas no seu acto cando eles non tiñan nada que ofrecer”.
“Cada vez que toman unha decisión é para asestarlle un golpe á Ribeira Sacra. Suspenden a ruta dos Peares a Maiorga incumprindo acordos plenarios que incluso votaron a favor. O ano pasado de forma incomprensible fan unha contratación a Tragsa. Enterámonos que cerran o 30 de outubro as rutas en catamaráns e se iniciarán sen saber cando. En outubro trouxemos unha moción para pedir aumentar o percorrido polo menos ata Semana Santa e fixeron caso omiso e agora un novo varapau”, resumiu o deputado.
Os populares sosteñen que non entrarán na guerra de quen privatiza máis, senón que defenderán que o servizo se preste da maneira máis eficiente. “Non temos problema en que se preste desde unha empresa privada, pode ser mellorable, como pasa na outra beira do río e obteñen magníficos resultados sen subvencións nin axudas e sen o déficit de 200.000 euros como ocorre aquí. Se o hai é pola súa mala xestión”, espetou.
Estudar novas posibilidades
Desde o PP cren que Suplusa ten unha grande experiencia na xestión de rutas naúticas, polo que lamentan que “os que mandan preferiran ter un chiringuito de contratación”. Recoméndanlle á Deputación estudar as posibilidades do xeodestino Ancares-Courel no que nunca fixeron nada. “Poden estudalo, é un embalse que nos dá unha porta de entrada por Asturias, estuden unha embarcación que teñen parada, como a dos Robles. Deixen de mermar servizos e fagan propostas e, se son viables, adiante”, expuxo Armesto.
Os populares defenden que a xestión se faga dun xeito razoable e non a seis meses vista. “Unha empresa que colle un servizo por seis meses vai só a facer caixa. Se queren facer un plan a medio ou longo prazo para privatizar o servizo que pode reportar beneficios á Deputación fagan un estudo económico e de viabilidade e, se queren traer unha propostas para unha xestión privada do servizo con melloras e substituír catamaráns, fágano”.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



