A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o sábado 3 de febreiro ás 20:00 na Sala Bahía de Foz a representación da obra teatral “Enciclopedia Álvarez”, dirixida por Ramón Casas. A posta en escena de “Enciclopedia Álvarez” correrá a cargo do grupo de teatro do Colectivo Ollomao de Barreiros, compañía amadora que xa representou en Foz algunhas das súas anteriores obras, como a peza de Castelao “Os vellos non deben namorarse”. “Enciclopedia Álvarez” é unha peza teatral situada nos anos da escola franquista, cuxa representación se ten convertido nun autentico suceso na comarca da Mariña, como demostran as súas postas en escena en San Miguel de Reinante, Lourenzá ou Cangas.