Lugo, 26 de febreiro de 2018. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e a Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, informaron este luns sobre os resultados das melloras que o Goberno Provincial introduciu na Teleasistencia da Deputación. Fíxoo a través da nova ordenanza de 2016 coa que xerou 650 novas prazas e acadou un servizo máis social, humano e profesional. É gratuíto e está dirixido a maiores lucenses con limitacións en canto a súa autonomía, fronte ao da Xunta que obriga aos usuarios ao seu copago e está limitado a persoas catalogadas como dependentes, deixando fóra a moitos veciños. Son os propios traballadores sociais os que avalían a necesidade desta prestación en visitas aos domicilios dos demandantes. Na concesión das prazas tense en conta o grao de soidade, a capacidade na toma de decisións, a situación familiar, o ámbito ou condicións da vivenda, primando aos que viven no rural, lonxe de núcleos poboacións ou en zonas de difícil acceso, entre outros aspectos como a idade, saúde, grao de discapacidade, ingresos ou apoios familiares.
Entre os resultados das melloras incorporadas destaca o incremento nun 65% no número de usuarios, pasando dos 941 do 2016 aos 1.512 da actualidade, que son maiores dos 67 Concellos da provincia. A Deputación asume todos os custos deste servizo que no 2012 deixou de financiar o Goberno Central cando o facía nun 65%.
Son 1.217 as mulleres (máis do 80% dos total) que contan coa Teleasistencia da Deputación e 295 os homes (19,51%).
Do total de usuarios (1.512), o 70% viven sos e o 30% acompañados de persoas de avanzada idade e en zonas eminentemente rurais.
Preto do 80% dos usuarios superan os 81 anos, pois o 30% ten entre 81 e 85 anos, o 28% de 86 a 90 anos, o 17% de 91 a 95 anos e o 4,5% máis de 95 anos, sendo esta última a porcentaxe máis alta de toda España.
Todos estes datos constatan que o perfil maioritario desta prestación é do de muller maior de 80 anos que vive soa.
Atención diaria e acompañamento
A Teleasistencia da Deputación supón unha atención diaria e un acompañamento aos usuarios. Estes con cun dispositivo que só teñen que premer para contar coa chamada inmediata dun asistente. O número de chamadas realizadas durante o 2017 ascende ás 56.586 das que tan só o 2,8% das mesmas foron por emerxencias e supuxeron, polo tanto, a mobilización de recursos. E é que máis do 70% das chamadas son as que fan a diario os propios asistentes para lembrar citas médicas, toma de menciñas e ata efemérides familiares. Por exemplo, chaman cando se aproxima un temporal para informar e coñecer se contan nos domicilios con todo o necesarios para o día a día. Contan cos contactos de veciños para no caso de non poder contactar con algún usuario localizalo e coñecer o seu estado. Menos do 30% das restantes chamadas son as que fan os usuarios, sendo na súa inmensa maioría para pedir calquera tipo información (dende números de teléfono ata cuestións do fogar) ou conversar.
A Deputación conta con máis de 100 prazas libres de Teleasistencia a día de hoxe, que se poden solicitar chamando ao 982-260-138. Máis información en www.deputacionlugo.org.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



