Burela 16-2-18. Apoiamos publicamente a iniciativa do Alcalde de Burela e Presidente da Mancomunidade de solicitar unha reunión do Consello de Saúde do Hospital da Costa, é xusto e de recibo, diante das actuacións do PP. Pero tamén denunciamos públicamente a hipocrisía política do Sr. Llano que di: “vou solicitar, como alcalde de Burela e como presidente da Mancomunidade, que se convoque este consello porque penso que é unha ferramenta útil de transparencia e de participación” aclarearlle que ferramentas de transparencia e participación tamén as ten o Concello de Burela e para sorpresa, non están nin constituídas nin tiveron as perceptivas reunións en case tres anos de mandato. CxG Burela aconsella ó PSOE predicar co exemplo, que mellor maneira, xa que neste caso Alfredo Llano non está lexitimado para dar leccións. A modo ilustrativo sinalamos órganos de participación que non se constituíron e que non teñen actividade,
• MESA LOCAL DE RELACIÓN CO COMERCIO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
• CONSELLO MUNICIPAL DO DEPORTE
• CONSELLO MUNICIPAL DA CULTURA
• ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO DO TURISMO
• CONSELLO ASESOR RADIO
• FORO 21
Tendo en conta a reclamación de transparencia e participación que o Sr. Llano fai das administracións dende CxG Burela, aproveitando este estado de iluminación do Alcalde, reclamamos que poña en marcha os órganos de participación do Concello de Burela e sexa consecuente coas súas peticións. E tamén pomos en coñecemento da opinión pública que Compromiso por Galicia despois de máis de 40 peticións de transparencia tivo que pedir amparo á Valedora do Pobo, e nin con esas.
Temos un Alcalde moi acostumado a buscar o titular e a foto, pero esta situación ven a demostrar que é un hipócrita político que demanda para outros o que non é capaz de facer na súa administración. Para exixir é preciso dar exemplo.

















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



