Ribadeo, 16 de febreiro de 2018. Acisa Ribadeo celebrou este venres, nas súas instalacións o sorteo da campaña de San Valentín que se desenvolveu do 2 ao 14 de febreiro.
Segundo explican desde a directiva “repartíronse 5.000 rifas das que se recolleron cubertas arredor dun 70% para entrar no sorteo de hoxe”. Os gañadores das dez ceas para dúas persoas, que as gozarán vindeiro sábado, 24 de febreiro, nos 10 establecementos asociados doadores. Os gañadores foron:
-Parador de Turismo de Ribadeo: Montserrat Fernández, por unha compra en Folder.
-Asador A Quinta: Xulio González, por unha compra en Güendolina.
-Bar Prohibido: María del Mar Díaz, por unha compra en Naná tenda.
-Restaurante o Mariñeiro: Luís Flórez, por unha compra no Mundo do Pintor.
-La Solana: Jairo Villarmarzo, por unha compra en Tien21.
-O Galicia: Bárbara González, por unha compra en Panadería La Plaza.
-Restaurante San Miguel: Miguel Castelao, por unha compra en Din e Don.
-O Cabazo: Carla Pérez, por unha compra en Mercería Vizcaya.
-O Indiano: Carmen Pillado, por unha compra en Farmacia Álvarez Lebredo.
Costa Verde: Elva Quiñoá, por unha compra en Duovisión.
Os gañadores teñen ata o xoves para recoller o documento que os acredita como tal, ser fotografados para publicalo nas redes sociais de Acisa e poder gozar da cea.
Desde Acisa valoran con moderación esta campaña de San Valentín, “dado que, aínda que é certo que puntuais comercios tiveron un volume considerable de vendas e pedíronnos mais rifas das que se lles deron inicialmente, moitos outros, a gran maioría non acabaron as que lles entregamos ao comezo da campaña, iso fainos ver como a campaña a nivel de vendas non foi todo o boa que se esperaba. Quizais o feito de que San Valentín coincidise con Entroido non axudou, ademais de que o Entroido foi moi preto do Nadal, algo que tanto o comercio como a hostalería notaron e do que se resentiron”.
E engaden “non podemos dicir que fose unha campaña pésima, pero non foi a mellor campaña de San Valentín en vendas, nin o mellor Entroido en vendas e en gasto en hostalería. En definitiva o calendario, o tempo e a situación económica non axudan. Algúns hostaleiros esta semana mostráronnos a súa preocupación pola situación económica, vindo dun Nadal non excesivamente bo, un mes de xaneiro de pouco gasto e un Entroido do que nos din foi bo para a hostalería só o sábado, día 10, e con certa moderación. Como en todo non se pode xeneralizar, sempre hai algún comercio ao que lle foi ben ou algún hostaleiro ao que lle foi ben desde que acabaron o Nadal ata agora, pero a tónica xeral non é boa”.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo “debemos seguir traballando en axudar ao comercio e á hostalería a fidelizar clientela e a buscala nova e tamén a seguir concienciando do dano que produce a venda por internet en grandes plataformas, debemos lembrar que por internet tamén se pode comprar no pequeno comercio con mellor calidade e servizo que o fan nas grandes plataformas de venda online. Se deixamos de consumir na hostalería local e de comprar no pequeno comercio non só estaremos a prexudicar aos empresarios que viven diso e aos seus empregados, senón que acabaremos conseguindo que desaparezan as festas de todo o ano, os eventos deportivos… porque non haberá quen poida colaborar con eles”.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).