Lourenzá 6-2-18. O entroido está a piques de comenzar, e en Lourenzá fixeron a presentación do cartel que anuncia o seu Domingo de piñata, o cal será o vindeiro 18 de Febreiro. Este desfile está organizado pola Asociación de Comerciantes industriais e Autónomos de Lourenzá (Acial) e o Concello de Lourenzá. Para a presentación do cartel estivo presente o Presidente da Asociación de Comerciantes, Javier Huertas Otero e a Tesoureira da Asociación Mª Fe de la Barrera, e por parte do Concello a alcaldesa de Lourenzá, Rocio López. O cartel foi realizado a partir do debuxo gañador do concurso do cartel do entroido de Lourenzá, sendo para Sergio Garcia Barrera de 8 anos.
Este ano repartiranse neste desfile uns 5.500 € repartidos nas categorías infantil con premios para individuais, parellas e grupos, e na categoría de adultos con premios para individuais, parellas, grupos de 3 a 10 persoas, grupos de máis de 10 persoas, carrozas, charangas e comparsas, sin esquencer o premio especial ao máis chistoso.
Este ano como novidade a charanga “Vaitexa” abrirá o desfile, o cal comenzará ás 16:00 horas saindo do recinto feiral de Lourenzá ata a praza do Conde Santo.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



