Celeiro, 5 de febreiro de 2018. O club acudiu con 7 tripulacións: alevín feminino e mixto, infantil A e B, xuvenil feminino, promesas e veteranos, quedando en primeiro lugar na tanda de alevín feminino, infantil masculino e veteranos.
Á regata de A Cabana a tripulación acudiu dirixida por Mariluz Iglesias, Licho Rego e JM Prieto e acompañada polos pais e familiares dos deportistas, aos que dende a Directiva da Asociación se volta a agradecer o apoio prestado.