Centos de veciños e veciñas desta comarca desprazáronse en 10 autobuses e coches particulares ata a capital de Galicia para acudir a esta movilización reivindicativa. O rexedor burelés e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, dixo que “hoxe púxose de manifesto, unha vez máis, que os veciños e as veciñas desta comarca non están de acordo coa política sanitaria do PP”. E insistiu en que “a supresión da área sanitaria da Mariña é un retroceso absoluto e supón unha perda dos dereitos adquiridos ao longo dos anos. Seguiremos loitando por unha sanidade pública, universal e gratuíta para todos e todas”.
O Alcalde burelés, Alfredo Llano, e os concelleiros de Servizos Sociais e Sanidade, Patricia Otero e José Díaz, participaron esteste domingo en Santiago de Compostela na manifestación para demandar unha sanidade pública de calidade e en defensa da área sanitaria da Mariña

Relacionado
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada