Viveiro 24-2-18. O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fora Stocks e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local. Dende o xoves día 1 ata o sábado 3 de Marzo case 40 negocios participantes liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incríbles, chegando ata o 80% nalgúns casos. Tratase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos.
Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, artigos para o fogar, óptica, telefonía, papelerías. A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes.
Os locaIs participantes son:
– Óptica Rosario
– Grafity
– Confecciones Justo Vázquez
– Lencería Canela
– Muebles Iglesias
– Dandara
– Platax
– Rockids
– Complementos Sulian
– Raquel Seijido
– Madrás
– Keweë
– Kalea
– Joyería Paleo
– Van Surf Sneakers
– Petit Bebé
– Van Surf Shop
– El Faro
– África Copias
– Nacar
– Jonathans
– Mobiltom
– Equivalenza
– Oxígeno Surf
– Las Fidalgas
– Depidel
– Tacones
– La Tienda de Aradia
– Kody
– Fontana
– Kody Kids
– Oscar Rodríguez Joyeros
– Roupa
– Kerale Moda
– Reedbed – Only
– Dr. Zapato
– Piti Deportes
– A de Vieiro Mercería
Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor vermello co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.
Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sin ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.





















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



