Foz 28-02-2018. O PSOE de Foz amosase satisfeito polo resultado do último pleno, no que saíron adiante as tres mocións relativas ao urbanismo que presentaba.
Unha delas para é para que dende a Xunta de Galicia se informe das dificultades que existen para a aprobación definitiva do PXOM logo de ter transcorrido dous anos dende a súa aprobación provisional pola corporación focense. Resulta sorprendente que sendo o goberno da Xunta da mesma cor que o alcalde, este non sexa quen de petar na porta dos seus compañeiros de partido para aprobar ese plan tan necesario diante do repunte da construción.
Outra para que expliquen tamén como vai afectar ao noso concello o Plan Básico Único da Xunta a piques de ser aprobado onde o plan vixente esta obsoleto e non adaptado a normativa vixente como sucede no caso de Foz.
A terceira, para instar ao Alcalde e ó equipo de goberno para que proceda a caducar aquelas licencias que poidan afectar a zonas verdes ou dotacionales no novo PXOM. Neste sentido recórdase o solar da Sareb, onde todos os grupos da oposición e incluso o mesmo PP, teñen manifestado nalgunha ocasión que pode ser unha oportunidade de cara a novos aparcadoiros e de cara a un novo urbanismo en Foz. Nese sentido sinalar que esta recollido no novo PXOM, á demanda do PSOE, un espazo dotacional nese solar para ubicar unha praza de cara á Casa da Cultura, que aportaría un novo espazo de esparcemento para os veciños.
Co que non podemos estar de acordo- explican dende o PSOE- é coas declaracións feitas por parte do alcalde de Foz tras esa aprobación. Resulta moi hipócrita, si tan malas son as demandas socialistas, non ter votado en contra, algo que o grupo do PP non o fixo. Será que non nos falta razón,
En resposta as declaracións feitas polo Alcalde- din os socialistas- cumpre explicar non foi o PSOE causante do urbanismo levado a cabo en Foz nos tempos do boom, senón que precisamente foi el, o Sr Castiñeira, un dos responsables da maneira de construír da que agora renega. Ou non se acorda de onde traballaba antes de ser alcalde? ou non se acorda de que traballando para un construtor local visaba proxectos, día tras día, no Concello? Si houbo alguén que se beneficiase da burbulla inmobiliaria foi o propio Sr Castiñeira.
E tamén recordarlle que o seu partido, o PP, intentou xudicializar esas licencias, acusacións sobresidas polo xuíz, e que en ningún momento o goberno local do PSOE tivo ningunha sentenza desfavorable, non podendo dicir o mesmo o PP en concellos veciños , como por exemplo en Viveiro na etapa de goberno popular ou no concello de Barreiros, con un alcalde imputado e abandonado á súa sorte polo propio partido popular.
Foi precisamente para atallar estas situacións cando o anterior alcalde Pepe Rivera planteou un plan xeral comezando a súa tramitación no 2007. Ao cal se opuxeron tanto o PP como BNG, que aínda continúa votando en contra. Sendo os que impediron a súa aprobación daquela. Catro anos traballou o goberno socialista sobre o PXOM ata perder as eleccións, sete anos leva o PP e Sr Castiñeira gobernando, dous co plan aprobado provisionalmente e non foi capaz de, con un goberno do mesmo partido na Xunta, petar na porta dos seus para axilizar a aprobación definitiva- acusan dende o PSOE
As licencias son un acto administrativo regulado e cando se compren os requisitos esixidos hai que proceder a súa concesión. Ao igual que cando o interesado pide a anulación de unha licencia hai que proceder a devolución da mesma. Non se entenden as protestas do alcalde xa que é algo que entra dentro da normalidade administrativa. E a caducidade é un instrumento ao servizo dos Concellos para solventar situacións como as expostas. Dende o PSOE sospeitamos que se está a aproveitar a non aprobación do PXOM para construír en condicións que co novo plan non se permitirían, limitación de alturas, volumes, zonas dotacionais ou zonas verdes.
Non vimos tan preocupado ao Alcalde polo urbanismo de Foz, cando permitiu unha gasolineira no medio do pobo, xusto un par de meses antes da aprobación do PXOM e non foi quen sequera de presentar ningún tipo de alegación ou informe en contra por parte do Concello na exposición do proxecto desa gasolineira.
O Sr Castiñeira gasta moitas forzas, á día de hoxe, acusando ao PSOE do urbanismo desaforado durante o boom, cando daquela, el era un dos que se dedicaba a visar eses proxectos urbanísticos dos que agora renega- reiteran dende o PSOE- e si quere un urbanismo sostible non é entendible que critique que se desexe aprobar canto antes o PXOM ou que se fale de caducar licencias, para que se respecte o acordado entre todos nese plan xeral, que non se dean mais alturas das previstas na nova norma urbanística, que non se edifique en zonas reservadas para prazas, xardíns ou outras dotacións públicas necesarias para o desenrolo do pobo, empregando un instrumento propio dos concellos e avalado por diversas sentenzas do TS como é a caducidade .
Polo tanto, e sendo conscientes de que dita figura xurídica, debe utilizarse con prudencia, en senso estrito, dando audiencia o interesado e coa debida motivación esiximos que cumpra o aprobado en pleno e proceda a caducar esas licencias- rematan os socialistas.
Por último, comunicar que o grupo socialista acaba de solicitar por escrito información sobre o recadado na Festa do Chicaro, en que foi empregado e o custo da festa.