9 de febreiro de 2018. O xa archicoñecido “Bocadillo de Autor en Pan de Cristal con langostinos ao allo, panceta ibérica, allos tenros e ovo roto”, co que a marca galega Galipizza logrou o segundo premio do “V Concurso Bocadillos de Autor” no recente congreso gastronómico Madrid Fusión 2018, xa
está disponible desde este venres na carta de tódolos locais de Galipizza.
O pasado xoves 1 de febreiro xa se puido degustar o bocadillo a prezos populares dentro dos
tradicionais “Xoves de Tapeo” que a firma organiza semanalmente, chegando casi ás 900 unidades de bocadillos vendidos entre tódolos locais.
“Non foi unha sorpresa, posto que xa sabiamos que a nosa clientela estaba desexosa de poder probalo”, recoñece Xosé Manuel Vázquez, ‘Leman’, xerente de Galipizza; “pero o que si nos sorprendeu foi acadar tal número de tapas nunha tarde de inverno en plena ola de frío, granizo e choiva que estaba azotando Galicia”.
Aínda que a idea da empresa era incoporar o bocadillo tra-la súa próxima renovación da carta no mes de marzo, as numerosas peticións dos clientes fixeron que Galipizza adiantara os seus plans e xa se poida degustar o seu Bocadillo de Autor en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago, Vigo e Oviedo.
Para o lanzamento do bocadillo preséntase unha promoción xunto ao singular e recoñecido novo viño “Excellens Cuvée Especial” de Marqués de Cáceres baixo o lema “Para acompañar un bo bocadillo, nada mellor que un bo viño”.
