Burela 10-2-18. O Pescados Rubén Burela FS rabuñou esta tarde un punto importante na visita do segundo clasificado, UA Alicante, a Vista Alegre cun empate, que tamén deixa un sabor amargo nas filas laranxas, tras recuperarse con porteira xogadora na recta final e encaixar o definitivo 2-2 coa mesma estratexia para as rivais. “Remontamos un partido co 5 para 4, fixemos fronte a un gran equipo que nos esixiu moito, pero tamén perdemos dous puntos en algo que temos moi traballado. Este club está feito para gañar, se queremos optar á liga non podemos ter a medio cadro ao 50%” aseguraba Julio Delgado, fronte á lectura de Marabillas Sansano, que valoraba “un empate xusto, que podía caer de calquera lado”.
As mellores ocasións viviunas Vista Alegre na recta final do primeiro acto. Superado o minuto 15, Dany protagonizou unha gran galopada, tras un balón cortado por Lara, que interceptou Jennifer co brazo, axudada polo pau. Menos dun minuto despois, Tai coouse na portería sen poder cazar o pase cruzado de Lara. Segundos antes, Ana Pino tamén estivo a piques de sorprender as laranxas cunha tentativa desartellado polo traveseiro. Jozi estivo moi atenta para manter o marcador sen alteración ao descanso, sacando unha man baixa ante Paula Morote, a tan só 4 segundos da bucina.
A segunda parte comezou con posesión burelista pero foi a alacantina Ángela Mingot a que atopou portería en xogada de estratexia, tras tentativa de bloqueo local. O Pescados Rubén apostou por darlle ritmo ao encontro en busca do gol, co dinamismo de Dany como baluarte, ante a férrea defensa visitante. A falta de nove minutos Bea Mateos capitaneou o xogo de cinco, con perigo inminente; Cilene executou a mellor das burelistas na segunda parte cunha magnífica intervención de Jennifer.
Non conseguían atopar a celeridade perseguida as de Julio Delgado e Lucas fronte á presión visitante. As de Maravillas Sansano tiveron unha de ouro para ampliar a fenda a falta de 6 minutos a porta baleira dende pista alacantina, co balón rozando o pau. Con cinco minutos aínda por diante Bea Mateos rubricou o empate a pase de Dany. Estalaba Vista Alegre de alegría co 2-1, a falta de 3’45” nunha nova firma de Bea Mateos, tras control de Judith desde Cilene. Contraatacou tamén Alicante con porteira xogadora e igualou a contenda cun disparo de Carmen pola escuadra, con 1’48” aínda en xogo. Outra cita de sobrerrevolucións na recta final na que as laranxas tiveron que revivir en inferioridade coa expulsión por dobre amarela a Judith.
TVG2. O duelo, que se puido seguir a través da web de CRTVG, emitirase mañá en diferido, ás 12.00 horas.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Cami, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Tai, Julia Forsiuk, Lara, Sara Correia, Judith
UA Alicante: Jennifer, Carmen, Elena, Lara Terrés, Ángela Mingot, cinco inicial; tamén xogaron Ana, Paula Morote, Mariángeles, Sara Navalón, Paola
Goles: 0-1, minuto 23, Ángela Mingot; 1-1, minuto 35, Bea Mateos; 2-1, minuto 37, Bea Mateos; 2-2, minuto 39, Carmen
Árbitros: Fernández Becerra / Vieito Regueira (Lugo). Por Burela amarela a Cilene (minuto 29), dobre amarela Judith (minuto 40). Por Alicante amarela a Sara Navalón (minuto 33), Ángela Mingot (minuto 40).
Incidencias: Partido da xornada 17 de Primeira RFEF disputado en Vista Alegre ante uns 500 afeccionados, coa presenza de Pablo Prieto e Javier Cotrofe como representantes da RFGF.























A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
