Mondoñedo, 2 de marzo de 2018.- O Concello de Mondoñedo reforza o servizo de recollida de lixo cun novo camión que substitúe ao anterior de 10 anos de antigüidade. O vehículo, un Renault D126 R4x2 MUNICIP (Euro VI), con caixa ROS ROCA de 11,3 metros cúbicos de capacidade, foi presentado esta mesma mañá á alcaldesa da localidade, Elena Candia, pola empresa adxudicataria encargada desta prestación. Contou cun investimento de 140.000 euros e dá continuidade a mellora emprendida pola entidade local o pasado ano.
Concretamente, en 2017, o Concello instalou 173 novos colectores para a recolección de residuos sólidos urbanos. Así se desprende do informe que vén de entregar a empresa adxudicataria de dita prestación á entidade local. O documento especifica que, en primeiro lugar, destes contedores, 100 foron unidades de 800 litros verdes para o acopio da fracción orgánica e 50 de 800 litros amarelos para envases lixeiros e, por outra banda, que estes foron colocados en novos emprazamentos e substituíndo aqueles cuxa reparación non foi posible.
A este número, hai engadir outros 4 metálicos de 3 metros cúbicos para a recollida selectiva de papel e cartón, así como outros 19 amarelos de 800 litros para a recollida selectiva de envases lixeiros.
Neste senso, no marco das actuacións levadas a cabo obtense que, durante os mércores e xoves dos meses de xullo e agosto tamén ser realizou o mentemento e o lavado manual na totalidade dos contenedores existentes no concello, realizándose reparacións nun total de 250, substituíndo rodas, bisagras, tapas e realizando, asemade, o repintado e substitución da serigrafía en todos aqueles elementos que resultaba necesario.
A alcaldesa, Elena Candia, subraia que, “dende o equipo de goberno estamos facendo un esforzo por mellorar o mantemento da cidade”; un traballo, indica, “que tamén ten que ir unido a unha maior concienciación e sensibilización por parte da cidadanía, pois é unha obriga de todos contribuír a que Mondoñedo permaneza limpo, e así conseguir un municipio máis atractivo para todas as persoas que nos visitan”.
No mes de decembro, procedeuse ao lavado interior e exterior da totalidade dos colectores de fracción orgánica mediante o camión lavacontenedores. O documento revela que tamén se realizaron recoleccións extraordinarias durante as principais festividades locais




















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



