Santiago de Compostela 2-3-18. O presidente do Euzkadi Buru Batzar, Andoni Ortuzar, e o burukide responsable da Área de Organización, Joseba Aurrekoetxea, recibiron esta mañá en Sabin Etxea a unha delegación de Compromiso por Galicia integrada polo Secretario Xeral, Piñeiro Docampo, e polo Secretario de Organización, Orlando Villamayor. O encontro, que se prolongou durante unha hora, enmarcase nas excelentes relacións que manteñen ambas formacións, que concorreron en coalición nas Eleccións Europeas de 2014, estratexia que entra na histórica aposta do EAJ-PNV por manter vivo o espírito de Galeusca.
As Eleccións Europeas que se celebrarán no 2019 e a posibilidade que ambas formacións volvan a formar parte dunha mesma coalición foi un dos asuntos abordados no encontro de hoxe. Tanto EAJ-PNV como Compromiso por Galicia comparten desexo e vocación porque así sexa. A situación política en Galicia, onde o nacionalismo e galeguismo vive un período de reposicionamento das forzas que o integran, estivo tamén sobre a mesa. Pola súa parte, os dirixentes jeltzales informaron aos representantes de Compromiso dos traballos da Proposta de Autogoberno no Parlamento Vasco. Ortuzar e Piñeiro emprazáronse a manter un próximo encontro na vindeira primavera.


















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



