Folgoso do Courel, 3 de marzo de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá na sede da Fundación Novoneyra na presentación do volume Os Eidos. O libro do Courel. Unha obra clave da literatura galega do século XX que o conselleiro cualificou como un “libro-milagre” escrito por un autor “en estado de graza”. O conselleiro subliñou que se tratou dun autor inspirado pola vida, pola natureza e pola palabra “máis enxebre e esencial” que a lingua galega garda nestas montañas luguesas. E, así mesmo, gabou a calidade da edición dada ao prelo por Chan da Pólvora. “Penso ‒afirmou o titular de Cultura‒ que o propio Novoneyra estaría feliz polo mimo posto neste traballo.”
Este segundo volume editado na colección Biblioteca de Mesopotamia de Chan da Pólvora Editora é a edición máis completa publicada até o momento sobre este título fundamental da poesía galega do século XX, ao incluír, entre outros, Os Eidos/1, Os Eidos/2 e Caligramas, ademais dun dicionario novoneyriano, titulado As cores do ucedo, realizado por Emilio Araúxo. O libro, que contén a maiores un prólogo a cargo dunha das grandes especialistas e poetas galegas da actualidade como é Olga Novo, conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O acto concluíu co nomeamento como primeiros bibliotecarios de honra do selo comunal da Biblioteca de Mesopotamia da presidenta da Fundación Novoneyra e dona do poeta, Elva Rei, e do exconselleiro de Cultura e Turismo e director de Relacións Culturais e Científicas da AECID, Roberto Varela Fariña. No mesmo estiveron presentes, a maiores do conselleiro de Cultura e Educación, a alcaldesa de Folgoso do Courel, representantes das deputacións de Lugo e Ourense, así como doutros concellos da contorna, e os responsables tanto da editorial Chan da Pólvora, como da propia Fundación Novoneyra.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



