A Mariña 2 de marzo de 2018. Unhas seis mil mariñás e mariñaos sairon onte á rúa as oito da tarde do Hospital da Costa, sen importarlle o frío e a chuvia e ateigaron as rúas de Burela. Precedidos pola música de dous gaiteiros percorreron a vila berrando consignas como “ A Área da Mariña non se elimina”, “Feijoo escoita a Mariña está en loita”,” Balseiro conta ben, que somos máis de cen”ou “Desmantelan a pedazos , xa non temos marcapasos”.
Xa na praza do Concello , tras agardar bastante tempo a que chegara a cola da manifestación , procedeuse á lectura do manifesto a cargo do locutor Anxo Rivas Pardeiro de Radio Foz,persoa moi coñecida e querida na Mariña.
Interviu tamén a coordinadora da Plataforma, que anunciou que as persoas que demandaran e sairan en prensa denunciando yempos de espera inaceptables x aforan chamadas ese mesmo día para darlles cita. “Queremos agradecer estas persoas a valentía e dignidade que tiveron ao dar a cara para denunciar unha situación que deberá avergoñar á xerencia ,ao Sergas e @s nos@s gobernantes, e animar a tod@s@s que desexedes facer unha reclamación que a Plataforma Sanitaria aquí está para axudarvos e estar ao vos lado”- manifestou Montse Porteiro.
Pola súa banda o portavoz fixo alusión @s responsables polític@s do PP mariñán que coa súa ausencia están a corroborar que non defenden a Sanidade Pública “Aquí hai responsables do desmantelamento de servizos tanto no Hospital da Costa como de persoal e materiais nos centros de saúde. A súa ausencia aquí confirma que non defenden a sanidade pública e son cómplices das políticas privatizadoras do PP, que tanto sufrimento están a producir @s veciñ@s da Mariña- conclúe Víctor Vila.




















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



