Burela, 19 de abril de 2018. A Concellería de Medio Ambiente convoca o III Concurso de Fotografía Coidemos a Terra. O prazo de presentación de traballos vai do 21 de abril ao 20 de maio.
Neste certame poden participar todas as persoas que o desexen, residentes en Burela. Aquelas que sexan menores de idade, no momento da inscrición, deberán contar coa autorización do seu pai/nai ou titor legal, debendo indicar os datos na ficha de inscrición.
O concurso establece as categorías Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de máis de 12 anos e ata os 17), e Adulto (maiores de 18 anos).
As fotografías deberán ser orixinais e inéditas, e realizadas con calquera tipo de cámara fotográfica. Terán que ser de praias de Burela –xa que a temática é As praias de Burela-, e indicar o lugar onde foron tomadas, e cada persoa poderá enviar un máximo de dúas fotografías, xa sexa nunha usb, nun cd ou impresas en tamaño 15×21.
O prazo de inscrición (e envío de fotografías) comezará o 21 de abril ás 00:00 horas e rematará o 20 de maio de 2018 ás 24:00 horas, e efectuarase a través da sede electrónica do Concello de Burela ou polo Rexistro.
O xurado outorgará premios de 100 euros na categoría Infantil, 150 euros na Xuvenil e 200 euros en Adulto. Ademais entregaráselle aos premiados a súa fotografía en lenzo. O fallo do xurado será o 23 de maio e a entrega de premios terá lugar o 11 de xuño ás 20:00 horas no salón de plenos do Concello.
A organización do concurso resérvase o dereito de excluír todas aquelas obras cuxo contido sexa obsceno, sexista, racista, homofóbico ou vulnere dereitos fundamentais das persoas.
Os/as participantes no concurso ceden ao Concello de Burela os dereitos de explotación das fotografías presentadas, incluíndo os dereitos de uso, difusión, mostra ou exhibición. A organización resérvase ademais o dereito de utilizar as fotografías seleccionadas e recibidas con fins promocionais sempre co recoñecemento do autor/a.
As bases do III Concurso Fotográfico Coidemos a terra foron presentadas pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben.









O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



