Lugo, 19 de abril de 2018. A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, compareceu hoxe en rolda de prensa, xunto con varios deputados populares, para dar conta dunha iniciativa que presentarán ao vindeiro Pleno na que pedirán a reprobación do presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, pola súa conduta, a súa falta de capacidade e liderado para presidir a institución.
Os populares consideran que os problemas que arrastra o presidente están a danar gravemente a imaxe da institución levándoa a unha situación de deriva sen precedentes e relegando a un último plano o labor de xestión dos intereses desta provincia. “Tanto é así que chegaron incluso a retrasar ou a poñer en perigo proxectos de gran necesidade para os lucenses, tales como a posta en funcionamento dos centros de atención á terceira idade”, esgrime.
Fronte a iso, explicou Candia, sempre atopou a un Grupo Provincial Popular con capacidade para o diálogo, que facilitou a aprobación dos Orzamentos ou o Plan de Estradas, “mentres el non mantivo a estabilidade e ten a súa preocupación centrada na sede do PSOE”.
O Grupo Provincial do PP cita como exemplo da falla de liderado do presidente os diversos desencontros e rupturas do Executivo Provincial desde a chegada de Campos á Deputación en outubro de 2015, o que evidencia de xeito claro que o máximo responsable do Goberno non conta coa autoridade suficiente que lle permita garantir unha xestión estable á fronte do Executivo. “Non existe, polo tanto, un presidente que garanta un proxecto firme e decidido centrado tanto na defensa dos intereses dos lucenses, como en darlle resposta ás necesidades dos 67 concellos da provincia de Lugo”.
Os responsables únicos de que as residencias non abran
Desde o PP responsabilizan ao presidente e ao seu Goberno de que os centros de atención á terceira idade non estean en funcionamento. Así, detallan, o Pleno da Corporación Provincial de Lugo aprobou por unanimidade o 26 de outubro de 2010 a construción e xestión de distintos centros de atención á terceira idade na provincia de Lugo, así como a encomenda deste proxecto á Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A.
Na Xunta de Goberno celebrada o 9 de marzo de 2018 adoptaron o acordo de “declarar a perda de condición de medio propio de Suplusa respecto da Deputación Provincial de Lugo para a prestación de servizos sociais”, o que supón a retirada da encomenda de xestión a Suplusa aprobada polo Pleno no ano 2010, o que ademais de estar a retrasar a posta en marcha das residencias que están en condicións para estar en funcionamento, tamén xera dúbidas de se a Xunta de Goberno é o órgano competente para retirarlle a encomenda de xestión a Suplusa.
Isto provocou tamén a última das rupturas do Goberno Provincial sendo cesado, no mes de abril do presente o ano, o vicepresidente e responsable da área de Xestión Territorial, o deputado Manuel Martínez.
Este tipo de condutas, abundaron desde o PP, trae consigo que paralicen outros proxectos, como é o caso da Casona do Incio, cuxo asunto se trataba na reunión de Suplusa de Pol á que non foi o PSOE nin o BNG, polo que quedou sobre a mesa. “Se aceptan a responsabilidade de estar nun órgano teñen que asistir e manifestar o sentido do voto”, incidiu Candia.
En canto ao persoal seleccionado no ano 2015, Candia expuxo que “son vítimas da crise do PSOE na provincia”. Indicou que, “de seguir a folla de ruta que temos, deberan ser chamados para traballar na residencia de Castroverde, a primeira que debera abrir. Sendo a encomenda válida pode ser unha saída, senón creo que deben seguir defendendo os seus dereitos”.
A Deputación, un circo esperpéntico
Os populares sosteñen que o Goberno provincial, encabezado polo seu presidente, converteu á institución nun circo esperpéntico cuxo último capítulo son as declaracións, recollidas polos medios de comunicación, do señor Campos respecto ao deputado Manuel Martínez: “ten unha enfermidade que se chama Besteirismo e que só se pode curar con algo psicolóxico ou psiquiátrico”; unhas declaracións “totalmente reprobables e pouco apropiadas para o presidente dunha institución como é a Deputación Provincial de Lugo e polas que debera pedir desculpas”, concluíu Candia.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



