A nova Asociación Burela Castrexa, recén creada para encargarse de xestionar e organizar a próxima Festa Castrexa de Burela, convoca a tódolos clans castrexos e persoas interesadas en participar na festa o vindeiro venres 27 de abril ás 8 da tarde no Salón de Conferencias de Burela (antiga Biblioteca).
Asimesmo, a subasta entre empresas para xestionar o Bar Castrexo desta edición terá lugar igualmente no Salón de Conferencias o luns 30 de abril ás 6 da tarde.
