Lugo, 12 de abril de 2018. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron este xoves a Carreira de Montes de Viveiro CAMOVI 2018, que terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de abril no municipio mariñán, co apoio do Goberno da Deputación e do Concello de Viveiro. O Executivo Provincial decidiu achegar 3.000 euros para a celebración deste evento deportivo, posto que xera un importante retorno económico para a localidade polo número de persoas que reúne, entre corredores e acompañantes. No acto tamén participou Pedro Esmorís García, Director Técnico da CAMOVI, e María Luz Abella, Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro, a quen se lle fixo entrega dun talón donativo, pois os fondos recadados a través das inscricións nos adestramentos da carreira serán entregados á mencionada Asociación.
Rivera Capón subliñou que “esta competición converteuse no referente das carreiras por montaña en Galicia. Nestes intres xa hai máis de 480 inscritos e a previsión é que se chegue ao medio millar de participantes durante a fin de semana competindo nas diferentes probas programadas. A esta cifra hai que engadir os familiares e acompañantes que se achegarán a Viveiro durante os dous días, e que poderán gozar da maxestuosidade das súas paisaxes e da cálida acollida das súas xentes”.
O Deputado de Deportes engadiu que “sen dúbida, trátase dun atractivo reto polos montes máis elevados de Viveiro, desde onde se poden contemplar as mellores vistas do Val do Landro e a Ría de Viveiro. Estamos seguros de que os participantes que nos visiten chegados de toda a xeografía galega e localidades limítrofes quedarán con ganas de repetir e volver a Viveiro en novas ocasións”.
Pola súa parte, Loureiro García agradeceu “o compromiso da Deputación co noso Concello e a vontade de colaboración que sempre nos atopamos cando propoñemos iniciativas e actividades coas que promover a nosa economía e o turismo na comarca como é esta Carreira de Montes, que non me cabe dúbida repetirá o éxito de pasadas edicións. Non en vano, as reservas nos hoteis e casas rurais da zona incrementáronse notablemente durante a citada fin de semana con motivo da competición”.
Adestramentos solidarios
Nas últimas semanas tiveron lugar catro adestramentos non competitivos para coñecer os percorridos da CAMOVI. Os fondos recadados coas inscricións teñen unha finalidade benéfica, pois serán entregados integramente á Asociación Española Contra o Cancro para o desenvolvemento da súa importante labor social. Estes adestramentos foron adaptados a todos os públicos. Segundo o nivel físico os corredores dividíronse en dous ou tres grupos, de tal forma que mesmo os máis lentos foron sempre acompañados por un guía da organización.
O primeiro adestramento tivo lugar o 28 de xaneiro, os participantes saíron da Praza Maior de Viveiro e chegaron ao mesmo sitio. O segundo foi o 18 de febreiro, con saída da Praza Maior de Viveiro e chegada a “A Feira de Galdo”. O terceiro, o 11 de marzo con saída de “A Feira de Galdo”, a uns 5 quilómetros de Viveiro e chegada a Naseiro a uns 6 quilómetros de Viveiro. Finalmente, o derradeiro adestramento tivo lugar o 1 de abril con saída de Naseiro e chegada a Viveiro.
6 probas para todos os públicos
A Carreira de Montes de Viveiro contará con 6 probas aptas para todas as idades. Deste xeito, durante a xornada do domingo haberá un percorrido de 42 quilómetros, outro de 21 quilómetros, un circuíto de 10 quilómetros e unha andaina popular de 11 quilómetros. O sábado, a partir das 11:00 horas, terá lugar unha proba infantil (para nenos de ata 6 anos) cun percorrido de 100 metros. Así mesmo, tamén haberá unha proba de 45 quilómetros repartidos en dúas etapas: o sábado (24 quilómetros) e o domingo (21 quilómetros).





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
