Os participantes, que contaron con guía, fixeron unha visita a pe polo casco histórico de Vigo pola mañá. Despois foron en barco ata as Illas Cíes, onde comeron e realizaron un percorrido polo monumento natural, para posteriormente ver outras zonas da cidade de Vigo antes de iniciar a viaxe de regreso.
