Este xoves un grupo de 20 alumnos/as acompañados pola súa profesora, acudiron ao Salón de Plenos do Concello, onde o alcalde Demetrio Salgueiro lles impartiu, durante apróximadamente unha hora, unha charla sobre o funcionamento económico do Concello, tocando tódolos temas máis importantes, tanto no capítulo de ingresos como de gastos. Para rematar, os alumnos/as fixéronlle ao alcalde unha serie de preguntas sobre distintas cuestións do funcionamento do Concello.
