Foz, 14 de maio de 2018. Este luns tivo lugar unha nova entrega de premios aos gañadores dos sorteos da 2ª Ruta de Viños de Foz, que organizan nove locais hostaleiros das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña.
Elena Pedrosa recolleu hoxe o seu agasallo, unha cea en Happy Days. Fíxolle a entrega Ramón Río.
E tamén esta mañá coñecéronse os nomes dos novos gañadores desta 2ª Ruta de Viños de Foz. Sofía Pérez gañou 4 vales por valor de 20 euros cada un para consumir en Mayros, Aroma Café, Express e Anduriña. E Conchi España será agasallada cunha cea na Pizzería Xoiña.
Nove locais hostaleiros de Foz, socios do Centro Comercial Aberto, son os que organizan esta 2ª Ruta de Viños, que se desenvolve os xoves, venres e sábados ata o vindeiro 26 de maio. Os participantes son Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy Days, Express, Anduriña, Xoiña e Aroma Café, establecementos situados nas rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. Cada local ofrece unha tapa especial aos clientes os xoves, que venden a 1,50 euros.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



