Alfoz, 27 de maio de 2018. O sábado 26 de maio tivo lugar o reconto de votos á mellor tapa da 4ª Ruta das Tapas de Alfoz, na que participaban seis locais hostaleiros con dúas propostas cada un. A votación correou a cargo dos clientes que conseguiron todos os selos dos locais participantes tras probar todas as tapas.
O Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz, Xabier Pardiñas, entregou o trofeo á mellor tapa ao restaurante A Naranxa que acadou este distintivo coa súa proposta ‘Flor do Trece’.
Asimesmo, procedeuse a sortear tres premios de 200 euros en vales de compra entre todos os participantes que votaron á mellor tapa, resultando agraciados : Sabela Pardiñas Hermida, José Luis Lombao Cornide e Natalia Andón Saavedra.
