Ribadeo, 28 de maio de 2018. O vindeiro 16 de xuño rematarán as fins de semana tecnolóxicas, organizadas por Apaga, cun obradoiro sobre impresoras en 3D. Aínda quedan prazas dispoñibles. Logo estes cursos descansan e volverán despois da celebración do VII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que terá lugar do 29 ao 31 de agosto. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia traballa tamén no que será o seu proxecto estrela en 2019, a doazón ao coñecemento e está á espera de todas as accións europeas solicitadas como promotores ou como socios. Son un total de 8, que se desenvolverán na súa maioría ao longo dos vindeiros dous anos.
As instacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acolleron o pasado sábado, día 26, unha nova fin de semana tecnolóxica sobre avarías resoltas no taller. Foi impartido por Urbano Fernández Oliveros, que é un técnico de automoción da Coruña que ven colaborando con Apaga desde hai tempo ademais de ser socio da nosa entidade. O presidente da asociación, Álvaro Doural, dixo que “participaron profesores, pero principalmente técnicos de taller de diversos lugares como Coruña, Ribadeo, Barreiros, Mondoñedo, Burela, Viveiro, Avilés e Xixón. Foron preto de 20 os asistentes a esta cita”.
Doural anunciou que “o 16 de xuño se realizará unha actividade, unha fin de semana tecnolóxica, sobre a impresora en 3D. De momento hai bastantes prazas e esperamos realizalo. E posiblemente con iso rematen estas actividades ata a celebración do VII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que vai ter lugar o 29, 30 e 31 de agosto, e a partir de aí no mes de setembro volverán as fins de semana tecnolóxicas.
O presidente de Apaga subliñou que “a novidade vai ser que algunha actividade se vai realizar fora de Ribadeo e imos trasladar aos profesores a Madrid. Temos o ofrecemento dunha empresa de pinturas para facer un curso para un grupo de doce profesores ou técnicos de taller nas súas instalacións de Madrid. E tamén estamos preparando o que consideramos que vai ser o proxecto estrela en 2019, que será a doazón ao coñecemento. Isto vai permitir que poidamos recuperar todo ese talento e esa formación que ten moita xente que xa está xubilada ou que ten moitos anos de experiencia, e que está disposta a aportar todo ese coñecemento para que quede recollido e que non se perda, especialmente no tema técnico aínda que ao mellor hai outros campos nos que tamén se podería facer. Nós imos facer un esforzo humano e económico importante para que iso teña o apoio necesario”.
Álvaro Doural engadiu que “estamos tamén á espera de todas as accións europeas que temos solicitado como promotores ou como socios. Son oito proxectos que se desenvolverían, un deles nos próximos cinco anos, e o resto entre 2019 e 2020. Hoxe contamos cunha rede potentísima a nivel europeo con arredor de 39 socios en distintos países da UE, de centros e empresas, e platexámonos o obxectivo de que en cinco anos poidamos estar en todos eles”.
Namentres estes días alumnado e profesorado participan en diversas saídas formativos en países como Dinamarca ou Italia.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



